O Alicante Club de Fútbol (en valenciano: Alacant Club de Futbol) é un club de fútbol español da cidade de Alacant, na Comunidade Valenciana. Foi fundado en 1918 e xoga no grupo IV da Rexional Preferente da Comunidade Valenciana, logo de sufrir dous descensos consecutivos.
Uniforme Uniforme titular: Camiseta azul, pantalón branco e medias azuis. Uniforme alternativo: Camiseta laranxa, pantalón laranxa e medias laranxas. Terceiro uniforme: Camiseta negra con raia gris, pantalón negro e medias negras.
Estadio Xoga o "Campo Municipal de Villafranqueza" propiedade do Concello, cun contrato de exclusividade. Ten unha capacidade de 4.000 espectadores.
Datos do club Tempadas en 1ª: 0 Tempadas en 2ª: 5 Tempadas en 2ª B: 8 Tempadas en 3ª: 45 Tempadas en Rexional Preferente: 23 (Incluída a 2012/13) Mellor posto na liga: 3º (2ª División tempada 1939-40) Peor posto na liga: 20º (2ª División tempada 2008-09)
Xogadores Cadro 2009/10
Palmarés Torneos nacionais Segunda División B de España (2): 2004-05, 2006-07 Terceira División de España (3): 1933-34, 1946-47, 2000-01 Subcampión da Segunda División B (1): 2007-08 Subcampión da Terceira División (3): 1950-51, 1955-56, 1958-59
Filial
O Alicante B é o equipo filial do Alicante Club de Fútbol. Militou durante tres tempadas en Terceira División (2004-2007), e na tempada 2007-08 ascendeu novamente a Terceira tras unha campaña en Rexional Preferente.
Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web oficial do Alicante Sitio non oficial Foro Alicantinistas
Categoría:Alicante CF