Breyten Breytenbach, nado en Bonnievale, Suráfrica, o 16 de setembro de 1939 e finado en París o 24 de novembro de 2024, foi un escritor en afrikaans e inglés e pintor surafricano con nacionalidade francesa.

Traxectoria Estudou Belas Artes na Universidade de Cidade do Cabo, onde entrou no grupos de oposición ao apartheid. A comezos da década de 1960 marcha a París, e ao casar cunha francesa de orixe vietnamita non se lle permitiu regresar por infrinxir a Lei de Prohibición de Matrimonios Mixtos (1949) e a Lei de Inmoralidade (1950).

En Francia foi un dos fundadores de Okhela, un grupo de resistencia contra o apartheid no exilio. Nunha viaxe ilegal a Suráfrica en 1975 foi arrestado e condenado a nove anos de prisión por alta traizón. Liberado en 1982 debido á intervención internacional, regresou a París e obtivo a nacionalidade francesa.

A obra de Breytenbach inclúe numerosos títulos de poesía, novelas e ensaios, moitos escritos en afrikaans e outros publicados orixinalmente en inglés. Era irmán de Jan Breytenbach, o fundador das forzas especiais surafricanas.

Notas

Categoría:Escritores en lingua afrikaans Categoría:Escritores en lingua inglesa Categoría:Escritores de Suráfrica Categoría:Activistas de Suráfrica Categoría:Nados en 1939 Categoría:Finados en 2024 Categoría:Cabaleiros da Lexión de Honra Categoría:Nados na provincia do Cabo Occidental