Ricardo Izecson Dos Santos Leite, coñecido como Kaká, nado en Gama (Distrito Federal) o 22 de abril de 1982, é un exfutbolista brasileiro, que xogaba de centrocampista.
Foi 92 veces internacional coa selección brasileira. Foi galardoado co FIFA World Player, o Balón de Ouro, e o FIFpro ao mellor xogador do mundo, todos en 2007.
Traxectoria Criouse en São Paulo desde os sete anos. É o irmán máis vello de Rodrigo Izecson Dos Santos Leite, máis coñecido como Digão. Rodrigo seguiu os pasos do seu irmán e xogou na Serie B, no equipo Rimini Calcio, despois de que fose cedido por un tempo por parte do AC Milan. O seu traspaso ao Real Madrid en 2009 foi o segundo máis caro da historia ata aquel entón, só por detrás do de Zidane ao mesmo equipo.
Kaká, que é membro da Igrexa Evanxélica, sendo un dos Atletas de Cristo, casou con Caroline Celico o 23 de decembro de 2005 en São Paulo. O seu curmán Eduardo Delani foi tamén futbolista profesional.
Palmarés Campionatos nacionais TítuloClubPaísAnoSupercampión PaulistaSão Paulo FCBrasil2002Serie AAC MilanItalia2004Supercopa de ItaliaAC MilanItalia2004
Copas internacionais TítuloClub ou selecciónPaísAnoCopa Mundial de FútbolSelección do BrasilBrasil2002Supercopa de EuropaAC MilanItalia2003Copa FIFA ConfederacionesSelección do BrasilBrasil2005Liga de CampiónsAC MilanItalia2007Supercopa de EuropaAC MilanItalia2007Copa Mundial de ClubsAC MilanItalia2007Copa FIFA ConfederacionesSelección do BrasilSuráfrica2009
Distincións individuais DistinciónAnoXogador do ano na Serie A2004Mellor centrocampista europeo2005Máximo goleador da Liga de Campións (10 goles)2007Mellor dianteiro de Liga de Campións2007Mellor xogador do Mundo por FIFPro2007Gañador do Balón de Ouro2007Xogador máis valioso da Copa Mundial de Clubs2007Gañador do FIFA World Player2007Gañador do Once de Ouro2007Balón de Ouro da Copa FIFA Confederaciones2009Marca Leyenda2009
Véxase tamén Ligazóns externas
Perfil no sitio oficial do Real Madrid Estatísticas FIFA de Kaká Kaká Perfil e Estatísticas en FootballDatabase
Categoría:Nados en 1982 Categoría:Nados no Distrito Federal, Brasil Categoría:Futbolistas do Brasil Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Balón de Ouro Categoría:Xogadores do São Paulo FC Categoría:Xogadores do AC Milan Categoría:Xogadores do Real Madrid CF Categoría:Xogadores da selección de fútbol do Brasil Categoría:Futbolistas gañadores da Liga de Campións da UEFA Categoría:Futbolistas gañadores do Mundial