San Jose Sharks (do inglés: Quenllas de San Jose) é un equipo profesional de hóckey sobre xeo dos Estados Unidos situado en San Jose, California. O equipo xoga na National Hockey League encadrado na División Pacífico.

Historia miniatura|esquerda|180px|Patrick Marleau, co equipamento dos Sharks en 2008. Antes dos Sharks, a zona onde se albergaría a franquía xa contou cun equipo na NHL. Os California Golden Seals, que xogaron desde 1967 até 1976, trasladáronse a Cleveland para fusionarse en 1978 cos Minnesota North Stars. Durante a década de 1980 Howard Baldwin, o antigo propietario dos Hartford Whalers, liderou un grupo que meteu presión á NHL para obter unha nova franquía en San José, California. Tras varios acordos comerciais cos propietarios dos North Stars, San José conseguiu unha franquía de expansión da NHL para a tempada 1991-92. O nome da franquía pasou a ser San Jose Sharks, en referencia aos quenllas do océano Pacífico.

Nos seus dúas primeiras tempadas, os Sharks xogaron no Cow Palace de Daly City, nos arredores de San Francisco. O equipo debutou cunha marca negativa de 71 derrotas, cun refacho de 17 derrotas consecutivas, e non callou boas actuacións. A partir de 1993 os Sharks trasladáronse ao San Jose Area e, baixo o liderado de Kevin Constantine, comezaron a remontar o voo logrando a súa primeira clasificación para os playoff. A serie positiva durou até 1996, cando terminaron en última posición da División Pacífico dúas tempadas seguidas.

En 1998 chega ao equipo Darryl Sutter como técnico xeral, e baixo a súa dirección melloran os seus resultados regresando aos playoff. O seu primeiro campionato de división chegou en 2001-02, e no mesmo ano véndese o equipo a un grupo de investidores locais liderado por Greg Jamison. O equipo volveu reforzarse con xogadores procedentes de equipos como os Canadiens ou Boston Bruins, pero ao non poder avanzar nos playoff Sutter foi cesado. En 2004 lógrase o campionato de división.

Tras afrontar unha nova renovación a partir de 2005 con Ron Wilson como técnico, Sharks volveu vencer o campionato de división na tempada de 2007-08. A pesar do cambio de adestrador por Todd McLellan, San Jose gañou o Trofeo dos Presidentes e revalidou o título de división en 2009.

Estadio miniatura|230px|Bandeira e mascota dos Sharks. A area principal de San José é o HP Pavilion, que ten capacidade para 17.500 persoas. Este campo é un pavillón multiúsos, e albergou a Golden State Warriors de 1995 a 1997. Inaugurado en 1993, o equipo xogou temporalmente en Cow Parade ata que se concluíu a construción do novo pavillón.

Equipamento e imaxe O equipamento tradicional dos Sharks é verde mariño (local) e branco (visitante), e foi renovada durante sucesivas tempadas. O escudo do club é un quenlla que esnaquiza un stick de hockey dunha dentada, e este animal é tamén a súa mascota oficial. Os Sharks contan con apoio na área da Baía de California.

Palmarés miniatura|230px|Joe Thornton, o capitán dos Sharks gañou o premio Hart Memorial. Presidents' Trophy: 1 (2008-09)

Trofeos individuais Art Ross Trophy Joe Thornton: 2005–06

Bill Masterton Memorial Trophy Tony Granato: 1996–97

Calder Memorial Trophy Evgeni Nabokov: 2000–01

Hart Memorial Trophy Joe Thornton: 2005–06

Maurice 'Rocket' Richard Trophy Jonathan Cheechoo: 2005–06

Véxase tamén

Ligazóns externas Páxina oficial de San Jose Sharks

Categoría:San Jose Sharks Categoría:Deporte en San Jose