Skoll ou Saturno XLVII (designación provisional S/2006 S 8) é unha pequena lúa irregular de movemento retrógrado de Saturno. O seu descubrimento foi anunciado por Scott S. Sheppard, David C. Jewitt e Jan Kleyna o 26 de xuño do 2006, a partir de obsevacións feitas entre o 5 de xaneiro e o 30 de abril do 2006.MPEC 2006-M45: Eight New Satellites of Saturn 26 de xuño do 2006 (descubrimento e efemérides)IAUC 8727: Satellites of Saturn 30 de xuño do 2006 (descubrimento)
Skoll ten uns 6 km de diámetro (asumindo un albedo de 0,04), e orbita Saturno a unha distancia media de 17,6 millóns de km en 869 días, segue unha órbita moi excéntrica e moderadamente inclinada.
Recibiu o seu nome oficial en abril do 2007,IAUC 8826: Satellites of Jupiter and Saturn 5 de abril do 2007 (bautizo da lúa) o cal sería Sköll, un lobo xigante da mitoloxía nórdica, fillo de Fenrisulfr e irmán xemelgo de Hati.
Notas
Efemérides from IAU-MPC NSES Principais parámetros orbitais from NASA JPL
Véxase tamén
Outros artigos Grupo Nórdico Saturno
Ligazóns externas David Jewitt's pages
Categoría:Lúas de Saturno