S/2004 S 17 é unha pequena lúa de Saturno. Este descubrimento foi anunciado por Scott S. Sheppard, David C. Jewitt, Jan Kleyna, e Brian G. Marsden o 4 de maio do 2005 a partir de observacións feitas entre o 13 de decembro do 2004 e o 5 de marzo do 2005. S/2004 S 17 ten uns 4 km de diámetro e orbita Saturno a unha distancia mediade 19,099 millóns de km en 985,453 días, cun movemento retrógrado, cunha inclinación orbital de 167° respecto da eclíptica (162° respecto do ecuador de Saturno) e unha excentricidade de 0,226. Notas Institute for Astronomy Saturn Satellite Data Jewitt's New Satellites of Saturn page IAUC 8523: New Satellites of Saturn 4 de maio do 2005 (descubrimento) MPEC 2005-J13: Twelve New Satellites of Saturn 3 de maio do 2005 (descubrimento e efemérides)

Véxase tamén

Outros artigos Grupo Nórdico Saturno

Categoría:Lúas de Saturno