Antítese nativa é un libro do poeta de Noia Manuel L. Rodrigues, membro do Colectivo Sacou.
Características O poemario acadou o XIV Premio de Poesía «Suso Vaamonde». A primeira edición foi posta á venda no ano 2008 pola Fundación de Amigos de Galicia. En 2010 saíu á venda unha 2ª edición ampliada cunha segunda parte chamada "A demarcación do volcán", publicada por Acha Escrava, editorial fundada polo propio autor. Da portada encargouse María José Madarnás.
Véxase tamén Ligazóns externas Blog de Antítese nativa
Categoría:Obras literarias de 2008 Categoría:Obras de poesía en galego