O monte de Cabeza de Manzaneda (tamén coñecido como Cabeza Grande ou Cabeza Grande de Cabeza de Manzaneda) sitúase na Serra da Queixa no Macizo Central ourensán, concretamente nos municipios da Pobra de Trives, Manzaneda e Chandrexa de Queixa. O monte consta de dous cumios: a Cabeza Grande de 1781 metros (a cima principal e de maior cota, onde se atopa un vértice xeodésico) e a Cabeza Pequena (tamén coñecido como Cabeza Pequena de Manzaneda ou Cabeza Pequena de Cabeza de Manzaneda de 1776 metros (a cima secundaria onde se atopa un centro de radiocomunicación). Ten unha prominencia de 803 m sobre A Gudiña (26,0 km direccións SE). O cume veciño máis alto é O Fial (con 1.841 msnm).
400px|miniatura|esquerda|Vista do cumio principal de Cabeza de Manzaneda (tamén coñecido como Cabeza Grande), distinguible pola localización dun vértice xeodésico no punto máis alto da cima redondeada, dende o aparcadoiro do antigo Hotel Fontefría (na actualidade cafetería da estación de montaña Manzaneda)
O monte forma parte da estación de montaña Manzaneda, na que é posible a práctica do esquí.
Notas
Véxase tamén Bibliografía Mapa de Galicia (2004). Edicións do Cumio
Ligazóns externas Estación de Montaña Manzaneda Cámara web fixa situada no cumio da Pista do Regato da Estación de Cabeza de Manzaneda
Categoría:Montañas de Galicia Categoría:A Pobra de Trives