miniatura|Portada de Sal auga vinagre, 2020. Raúl Gómez Pato, nado en Ourense en 1966, é un poeta, tradutor e político galego.

Traxectoria Licenciado en Filoloxía Clásica pola Universidade de Santiago de Compostela, imparte clase de Latín e Grego. Realizou varias exposicións como pintor e gravador, e ilustrou libros e revistas. Como poeta publicou cinco libros. Traduciu ao galego un bestiario medieval, a obra completa de Safo, unha antoloxía do poeta escocés Robert Burns, e a primeira parte da obra de Nicolas Chamfort, Produtos da civilización perfeccionada.

Desde 2015 dirixe a colección Vetera da Editorial Rinoceronte, destinada á tradución á lingua galega de textos anteriores ao ano 1900. Dende finais de 2020 ocupa a presidencia da Asociación de Tradutores GalegosChío coa nova no perfil de Twitter da Asociación.. Nas eleccións municipais de 2023 foi elixido concelleiro en Catoira polas listas do Bloque Nacionalista Galego, e a finais dese ano pasou a ocupar o cargo de concelleiro de Cultura e primeiro tenente de alcalde.

Obra Poesía Choiva, vapor e velocidade, 1999, Positivas. A casa deshabitada da familia Pena, 2001, Positivas. Verba quae supersunt, 2003, Positivas. Tratado de Zooloxía para corazóns mancados, 2009, Positivas. Máscaras de espellos, 2016, Espiral Maior. Círculo, 2019, Positivas. Sal, auga, vinagre, 2019, Medulia Editorial.

Literatura infanto-xuvenil Cousas de papá, 2016, Xerais.

Traducións Libellus de natura animalium = Libriño sobre a natureza dos animais (un bestiario medieval), 1999, Positivas. Cantos e fragmentos, de Safo, 2008, Positivas. Unha rosa encarnada, de Robert Burns, 2014, Positivas. Produtos da civilización perfeccionada (I. Máximas e pensamentos.Pequenos diálogos filosóficos), de Nicolas Chamfort, 2016, Rinoceronte. O castelán de Coucy e a dama de Fayel, de Jakemés, 2017, Rinoceronte. Libro de emblemas, de Andrea Alciato, 2019, Rinoceronte. Historias, I e II, de Heródoto, 2020, Rinoceronte.

Obras colectivas Xuro que nunca volverei pasar fame, 2003, Difusora. Volverlles a palabra. Homenaxe aos represaliados do franquismo, 2006, Difusora. Polifonías II. Voces poéticas contra a violencia de xénero, 2007, Espiral Maior. 150 Cantares para Rosalía de Castro (2015, libro electrónico). Antonio Fernández Morales, autor berciano. Bicentenario do seu nacemento (1817-2017) (Edicións Fervenza, 2017). Arrincando marcos 2019 (Positivas, 2019).

Premios I Premio de poesía Xosé María Díaz Castro do Concello de Guitiriz en 2016, por Máscaras de espellos. Finalista do Sexto Certame de poesía Xosé Manuel López Ardeiro no 2017, por Círculo. Primeiro premio do VII Certame de poesía Xosé Manuel López Ardeiro no 2018, por Residuos de chamas. Gañador do II Premio de poesía Florencio Delgado Gurriarán no ano 2019 polo poema Vinte, desolación. Notas

Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Tradutores de Galicia Categoría:Tradutores ao galego Categoría:Nados en Ourense Categoría:Nados en 1966 Categoría:Concelleiros de Catoira Categoría:Políticos do BNG