"Cherub Rock" é unha canción de The Smashing Pumpkins. Foi o primeiro sinxelo do seu segundo álbum, Siamese Dream, e foi composta polo vocalista e guitarrista da banda Billy Corgan.
"Cherub Rock" foi unha das últimas cancións escritas para o álbum, e a letra fala da percepción que ten Corgan da relación entre a comunidade do rock independente e os grandes medios.
Lista de cancións CD / 12" vinyl version "Cherub Rock" -4:59 "Pissant" -2:30 "French Movie Theme" / "Star-Spangled Banner" -3:50
7" vinyl version (só 5.000 copias) "Cherub Rock" -4:59 "Purr Snickety" -2:50
Categoría:Sinxelos de 1993 Categoría:Cancións de The Smashing Pumpkins