miniatura|400x400px|Orfeo coa lira e rodeado de bestas (Museo Cristián-Bizantino, Atenas.

Orfeo é un personaxe da mitoloxía grega, o poeta e músico máis famoso de todos os temposGraves, px. 126.. Era fillo do rei tracio Eagro, un deus fluvial, e da musa CalíopeMusa da elocuencia, e da poesía épica, a de dignidade máis alta das nove musas, nacido, polo tanto, no macizo do Olimpo.. Esta é a tradición máis popular pero noutros casos faise filla de Polimnia, outra musa; ou de Menipe, filla de Tamiris (aedo tracio e amante de Xacinto). Canto ó pai, tamén se lle fai fillo de Apolo, o que podería explicar a súa habilidade coa liraCarmona, px. 98..

Tiña un irmán, Lino. Este Lino foi mestre de cítara de Heracles pero este, nun ramo de furia por ser vítima de malos tratos pola súa parte, golpeouno e matounoApolodoro II, 4, 9..

O mito de Orfeo é un dos máis cargados de simbolismo de cantos rexistra a mitoloxía grega. Coñecido desde época moi remota evolucionou ata converterse nunha verdadeira teoloxía, en gran medida esotérica, exerceu unha influencia certa na formación do cristianismo primitivo, como o testemuña a iconografía cristiá en numerosos exemplos.

Atribúeselle a invención da lira, pero outras fontes negan que a inventara, pero si que modificou a cítara para aumentar as sete cordas habituais a nove, en homenaxe ao número de musas. A tradición máis común di que foi inventada por Hermes, que lla deu a Apolo, e este terminou regalándolla a Orfeo, sendo as Musas as que o ensinaron a tocala.

Orfeo foi o cantor, músico e poeta por excelencia, ata tal punto que as feras o seguían e as árbores se inclinaban ao seu paso, e mesmo as rochas se movían seguindo o ritmo da súa músicaGraves, px. 126..

Tamén se lle considera símbolo da civilizaciónFranco Llopiz, px. 212. pois, a diferenza doutros heroes gregos, Orfeo nunca destacou pola súa capacidade de loita , senón polo seu carácter civilizados e dotes de persuasión.

Os argonautas Orfeo foi un dos tripulantes do Argo na expedición dos Argonautas á Cólquide. Co seu canto marcaba o ritmo para que os remeiros acompasaran o seu esforzo e conseguiu calmar un temporal que ameazaba afundir a nave, á vez que tranquilizaba aos propios mariñeiros neste transo; xa antes de partir, os cantos de Orfeo conseguiron acougar as liortas que comezaban a producirse entre os mariñeiros borrachos, no banquete de despedida. Pero tivo máis sona cando, xa de regreso, competiu, cantando, coas sereas, conseguindo que os doces cantos destas non arrastrasen aos mariñeiros cara a morte"As arrebatadoras melodías destas mulleres-aves foron contrarrestadas polos aínda máis fermosos acordes da lira de Orfeo" (Graves, px. 658)..

Así describe Apolonio de Rodas no seu poema Argonáuticas como calmou as discusións entre os mariñeiros do Argo cantándolles a orixe do mundo:

Ao regreso da Cólquide, Orfeo casou con EurídiceTamén coñecida como Agríope (Graves, px. 127)., con quen tivo, polo menos, un fillo, LeosEste Leos tivo tres fillas, que foron sacrificadas, aínda virxes, para superar unha fame negra que asolaba a Ática (Grimal, s. v. Leos; Graves, px. 366)..

Orfeo e Eurídice A historia máis coñecida sobre Orfeo é a que se refire á súa esposa Eurídice, descrita con detalle por VirxilioGeorgicas, libro IV.. Eurídice era unha ninfa das árbores (ou ben, segundo outros, filla de Apolo). Un día, cando Eurídice paseaba cerca de Tempe, no val do río Peneo, atopouse con Aristeo (un deus menor, fillo de Apolo), quen tratou de forzalaComo castigo pola violación e posterior morte de Eurídice, Aristeo foi castigado: morreron tódalas súas abellas. Seguindo o consello do deus mariño Proteo, que lle increpara polo que fixo, sacrificou bois e xovencas, deixando os corpos no bosque. Volveu aos nove días e atopou un enxamio de abellas saíndo dos cadáveres, aprendendo así a criar enxamios novos de abellas (Graves, px. 306.. Na súa fuxida, pisou unha serpe entre a herba e foi mordida por ela, morrendo como consecuencia, o que deixou desolado ó seu home. Xa no momento da voda houbo malos augurios: o fume do facho que alumeaba ao deus Himeneo provocou as bágoas dos asistentes.

Despois de moito chorar, Orfeo descendeu valentemente ao Tártaro esperando recuperala e levala de volta, utilizando a tal fin o pasadizo que se abre en Aorno, en Tesprótide. No Inframundo encantou coa súa música e a súa poesía ao barqueiro Caronte, ao can Cérbero e aos tres xuíces dos mortos, Minos, Éaco e Radamantis, e incluso conseguiu que se suspendesen temporalmente as torturas dos condenadosAs Danaides deixan de botar auga na vasilla sen fondo, Ixión deixa de xirar na súa roda e desaparece a fame e a sede que atormentan a Tántalo..

miniatura|300px|Mapa de Grecia, cos lugares relacionados coa vida de Orfeo|esquerda

E deste xeito conseguiu tamén amolecer o duro corazón dos deuses do Inframundo, Hades e Perséfone, os que quedaron conmovidos pola elocuencia de Orfeo e polo profundo amor incondicional que demostraba ter pola súa dona. Este engadiu que, de non acceder ás súas súplicas, el quedaría nos infernos. Ao final, os deuses permitiron que Eurídice regresara á vida pero puxeron unha condición, que el aceptou sen dubidar: que Orfeo fora diante e Eurídice detrás, e que el non volvese a vista ata que ela estivese a salvo baixo a luz do Sol, é dicir, ata que estivesen fóra do seu reino subterráneo.

Así o fixeron e Orfeo utilizaba o son da súa lira para guiar a Eurídice, pero cando chegaron por fin a onde comezaba a ver a luz solar el volveuse para comprobar se ela o seguía, dubidando se Hades e Perséfone o engañaran, e ao facelo Eurídice esvaeceuse en fume e perdeuna para sempre.

Aínda que regresou ao Hades para reintentar recuperar á súa esposa, desta volta Caronte non se conmoveu e non lle permitiu entrar, polo que tivo que volver á terra el só, aínda que se mantivo fiel á súa lembranza o resto da súa vida, renunciando ao trato coas mulleres.

Morte de Orfeo miniatura|300px|esquerda|Morte de Orfeo (Émile Bin, 1874) Ao final, Orfeo morreu de forma salvaxe e brutal, en contraste co seu carácter pacífico e pacificador. Morreu a paus, vítima das mulleres tracias, que logo esnaquizaron o seu corpo e botaron os cachos ao río. As explicacións que dan os mitógrafos varían. Para algúns, as mulleres tracias consideraron un insulto a fidelidade de Orfeo á memoria de Eurídice. Outros din que Orfeo non quixo ningunha relación máis con ningunha muller, pero iso non foi impedimento para manter sexo con mozosMesmo dise que inventou a pederastia (Grimal, s. v. Orfeo).. Tamén se di que instaurou certos misterios, dos que estaban excluídas as mulleres, pero estas mataron a Orfeo e aos seus seguidores.

Unha tradición di que o mataron unhas bacantes, por enfurecer a Dioniso. Orfeo non se sometera a Dioniso cando este invadeu Tracia, e condenaba o asasinato ritual e as orxías sexuais preconizadas por este deus. Ademais, proclamaba que Helios (Apolo) era o deus máis grande. Por iso, Dioniso enviou ás esposas dos seus adeptos contra o templo onde Orfeo oficiaba os seus ritos e matáronos a todos, despezando a OrfeoCarmona explica que este era un rito habitual das bacantes: o sparagmós, que consistía en despezar á súa vítima para comer a súa carne crúa (Carmona, px. 50).. As ménades asasinas intentaron purificarse no río, pero este, para non ser cómplice do crime, secou as augas e desapareceu ata quilómetros máis abaixo. En todo caso, os deuses do Olimpo condenaron o asasinato e quixeron castigar ás ménades, pero Dioniso adiantouse e salvounas converténdoas en aciñeiras.

Finalmente, outra variante do mito explica esa acción das mulleres traciasa nunha manobra de Afrodita. Resulta que Calíope foi quen decidiu que Adonis pertencería a Afrodita un terzo do ano, outro terzo a Perséfone e o outro terzo pasaríao con que el quixera. Afrodita non quixo vingarse de CalíopeAs musas eran fillas de Zeus. pero si que o fixo con Orfeo, instigando nas mulleres tracias ese desexo apaixonado por el, que acabaría coa súa morte. Canto a Afrodita, tamén se di que actuou por vinganza porque Orfeo predicaba o amor homosexual. Unha última variante di que o matou o mesmísimo Zeus, que non lle perdonou as revelacións de segredos divinos que divulgara Orfeo ao volver do Hades.

Como xa se dixo, os anacos do corpo de Orfeo foron botados ao río, e este levounos ata o mar, e a corrente arrastrou a cabeza e maila lira ata Lesbos; a cabeza non deixou de cantar. As musas enterraron os membros de Orfeo ao pé do monte Olimpo, e dise que alí cantan os reiseñores os cantos máis doces do mundo. En Lesbos foi enterrado nunha tumba levantada no seu honor e foi obxecto de culto. Nesta tumba podía escoitarse en ocasións o son da lira do heroe.

A cabeza foi colocada nunha cova en Antiso, e alí pronunciaba constantes oráculos. Tantos que o propio Apolo, vendo que iso prexudicaba aos seus oráculos en Delfos e Grineo, ordenou que calara. E desde aquela non volveu a profetizar nada. A lira gardouse nun templo dedicado a Apolo ata que foi levada aos ceos, onde loce convertida na constelación de Lyra.

Tamén se conta que houbo unha peste en Tracia, que o oráculo explicou como causada polo asasinato de Orfeo, engadindo que para superar esa peste era preciso recuperar a súa cabeza e renderlle honras fúnebres. Por fin, a cabeza apareceu na foz do río Meles, e aínda cantaba e sangraba, como cando aínda estaba viva.

En Tesalia corre a lenda de que a cidade de Libetra sería destruída por un gran porco no momento en que as cinsas de Orfeo viran o sol. Por suposto, ninguén o creu ao considerar imposible que un porco arrasase a cidade. Pero un pastor quedou a dormir sobre a tumba de Orfeo e, cando acordou, comezou a cantar melodiosamente. Outros pastores e labregos acudiron asombrados e formaron tal balbordo que as columnas do mausoleo cederon e esmagaron o sarcófago, que liberou as cinsas ao aire. Ao día seguinte houbo un gran temporal, este causou unha enchente no río Sys, que significa porco en grego, que se desbordou e destruíu a cidade, cumpríndose así o oráculo.

A alma de Orfeo descansa nos Campos Elisios, onde deleita aos Benaventurados que alí moran (vestida cunha longa túnica branca).

Orfismo Crese que Orfeo trouxo consigo do Inframundo certos datos que permitían o descenso das almas ata os Campos Elisios, seguro e sen obstáculos. Esta información foi entregada aos humanos a través dos himnos órficos, moitos deles falsamente atribuídos a Orfeo, ata o punto de que a súa figura:

Orfeo nas artes miniatura|300px|Orfeo rodeado de animais (mosaico da Roma antiga, descuberto en Palermo, exposto no Museo Arqueolóxico Rexional de Palermo)

As primeiras representacións de Orfeo datan do século V a. C. en cerámica, relevos e mosaicos, con múltiples vartiantes do mito. Orfeo aparece semiespido e coroado de loureiro, tocando a lira e normalmente rodeado de animais salvaxes que semellan amansarse coa súa música. No século IV a. C. xa se representa, como tracio que era, co traxe e gorro típico desta rexión (túnica longa, con mangas, ou con pantalóns), e portando unha cítara. Xa na pintura romana represéntase como un mozo fermoso, adpoito xunto a unha ou varias musas, sentado e de fronte, no centro da escena, rodeado de feras que o contemplan; tamén aparece con frecuencia en ámbitos funerarios (lembrando o seu descenso ao Inframundo).