O lobo marsupial,lobo marsupial no Gran dicionario Xerais da lingu, 2009. tigre de Tasmania ou tilacino (Thylacinus cynocephalus) foi unha especie de mamífero marsupial australiadelfo da orde dos dasiuromorfos e familia dos tilacínidos,Thylacinus cynocephalus no MSW. actualmente extinta e orixinada no Holoceno.

Era nativo de Australia e Nova Guinea, e crese que se extinguiu no século XX (oficialmente, o ano 1936).Thylacinus cynocephalus na Lista vermella da UICN. Tratábase do último membro vivente do seu xénero (Thylacinus), cuxos outros membros viviron en tempos prehistóricos a partir de principios do mioceno.

O lobo marsupial extinguiuse no continente australiano uns 4.000 anos antes da chegada dos colonos europeos, pero sobreviviu en Tasmania, xunto con outras especies endémicas, incluíndo o demo de Tasmania. Xeralmente adoita culparse da súa extinción á caza intensiva, incentivada por recompensas, pero poderían ter contribuído outros factores como, por exemplo, as enfermidades, a introdución dos cans (dingos), ou a ocupación do seu hábitat polos humanos.

Aínda que se considera oficialmente extinto, hai quen di telo visto."The Tasmanian Tiger: Thylacinus cynocephalus Australian Rare Fauna Research (2003).

Características Como os tigres e os lobos do hemisferio norte, dos cales herdou varios dos seus nomes comúns, o lobo marsupial era un superdepredador. Sendo un marsupial, non tiña relación con estes mamíferos placentarios, pero debido á converxencia adaptativa, presentaba a mesma forma xeral e as mesmas adaptacións.

O lobo marsupial foi o maior carnívoro marsupial, moi parecido a un cánido, pero un detido exame das súas características morfolóxicas revela un gran número de diferenzas cos verdadeiros lobos placentarios. As orellas eran máis arredondadas e a boca moito máis ampla, chegando case de orella a orella.Tamén son distintivas as de 13 a 17 raias cebradas da parte porsterior do tronco deste animal,Pero quizais o aspecto máis distintivo foran os seus cuartos traseiros e a cola: o tronco, no canto de terminar abruptamente, como nos cánidos, facíao paulatinamente, de forma semellante á dos canguros; e a cola, moi potente na súa base, e comprimida lateralmente, era moi ríxida; as patas traseiras tiñan tamén un aspecto diferencial, xa que o tarso era proporcionalmente máis curto que nos cánidos.Rodríguez de la Fuente, Félix (1970): "El mayor carnívoro marsupial viviente", en Enciclopedia Salvat de la Fauna, Tomo 9, Australia e islas, pp. 165-168. Pamplona: Salvat, S. A. de Ediciones.

Alimentación o lobo marsupial era exclusivamente carnívoro. O seu estómago posuía unha grosa capa muscular e podería distenderse para permitir a inxesta de grandes cantidades de comida. Probabelmente era unha adaptación para compensar os longos períodos de caza infrutuosa nos que o alimento era escaso.

A análise da estrutura do esqueleto e as observacións do animal en cativerio suxiren que seleccionaba unha presa e despois a perseguía até que estaba exhausta. Algúns estudos conclúen que o animal podería cazar en pequenos grupos familiares; o grupo principal facía fuxir ás presas na dirección dun tilacíno preparado para emboscalas.Thylacine Thylacinus cynocephalus na web deo Museo de Victoria. De feito, os cazadores confirmaron que cazaba mediante a técnica da emboscada.

As súas presas incluían canguros, ualabís, vombátidos, paxaros e pequenos marsupiais como canguros rata e falanxeriformes. A súa presa preferida podería ser o emú de Tasmania, antano abundante. Esta especie de emú era unha grande ave non voadora que compartía o hábitat do lobo marsupial e que acabou extinguíndose a causa do exceso de caza en contra o ano 1850, posibelmente coincidindo co descenso do número de lobos marsupiais.Paddle (2000). p. 81. Tanto os dingos como os raposos tamén tiñan ao emú como presa.Pople, A. R.; G. C. Grigg, S. C. Cairns, L. A. Beard & P. Alexander (2000): "Trends in the numbers of red kangaroos and emus on either side of the South Australian dingo fence: evidence for predator regulation?" Wildlife Research '27 (3): 269–276. (Resumo). Emu en Blue Planet Biomes. En catividade, os lobos marsupiais eran alimentados cunha gran variedade de alimentos, incluíndo coellos e ualabíes mortos, así como con carne de boi, de cordeiro e de cabalo.Paddle (2000). p. 96.

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Grzimek, B., Schlager, N. & Olendorf, D (2003): Grzimek's Animal Life Encyclopedia. Detroit: Thomson Gale. McKenna, M. C. & Bell, S. K. (1997): Classification of Mammals Above the Species Level. Nova York: Columbia University Press. ISBN 0-231-11013-8. Paddle, R. (2000): The Last Tasmanian Tiger: The History and Extinction of the Thylacine. Cambridge University Press. ISBN 0-521-53154-3. Rowland, P. & Strahan, R., eds. (1995): The Mammals of Australia. Washington, D.C.: Smithsonian Institution Press. Vaughan, T. A. (1986): Mammalogy. Third Edition. Fort Worth, Texas: Saunders College Publishing. Vaughan, T. A.; J. M. Ryan & N. J. Czaplewski (2000): Mammalogy. Fourth Edition. Philadelphia, Pennsylvania: Saunders College Publishing. "Dasyuromorphia" en Wilson, D. E. & Reeder D. M. (editores) (2005): Mammal Species of the World. A Taxonomic and Geographic Reference, 3ª ed. Baltimore, Maryland, EE. UU.: Johns Hopkins University Press. ISBN 0-8018-8221-4.

Outros artigos Marsupiais Australidelfos Dasiuromorfos Tilacínidos

Ligazóns externas

Thylacinidae na ADW. Informacións, imaxes e bibliografía . Thylacinidae na EOL Thylacinus cynocephalus na Lista vermella da UICN . †family Thylacinidae Bonaparte 1838 en Fossilworks.

Categoría:Marsupiais Categoría:Especies extintas Categoría:Animais descritos en 1808