Totonicapán é a cabeceira do departamento de Totonicapán, en Guatemala. É tamén un municipio de 96.392 habitantes (2002).
O municipio sitúase na parte sueste do departamento e ten unha extensión territorial de 328 km2. Linda polo norte cos municipios de Santa María Chiquimula e Momostenango, ao sur cos municipios de Cantel e Salcajá (departamento de Quetzaltenango), e os de Santa Catarina Ixtahuacán, Nahualá e Sololá (departamento de Sololá).
A maioría da poboación (98%) pertence á etnia maia quiché.
Situado na cordilleira da Serra Madre, o municipio de Totonicapán ten unha topografía montañosa e quebrada. O seu clima é relativamente frío cunha temperatura media de 12 °C.
No ámbito económico, a maioría da poboación emprégase na produción agrícola de millo e frixoles, esencialmente para o autoconsumo, así como a produción artesanal de mobles de madeira, tecidos de la, cerámica etc.
O nome Totonicapán deriva das verbas en náhuatl "totl" e "nicapan", que quere dicir "cerro dos paxaros"?. O seu nome en lingua quiché é "Chwi meq'ina'", cuxo significado é "sobre a auga quente".
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas www.totonicapan.org
Categoría:Cidades de Guatemala Categoría:Concellos de Guatemala