Francisco Xabier Iglesias López, nado na Coruña en 1967, é un escritor, humorista gráfico e columnista galego.
Traxectoria É traballador dunha empresa privada do eido da formación corporativa. Como humorista gráfico empezou colaborando na sección Humor Galego de La Voz de Galicia no 1991, baixo a dirección de Siro López.
Deuse a coñecer como novelista no 2003 coa obra O soño do falcón, ficción histórica sobre a figura de Pedro Madruga. No 2008 publicou a súa segunda novela, Daniel e a porta do ceo. Ambientada na Galiza do século XII, narra a pescuda dun frade bieito das súas orixes, para o cal conta coa axuda do mestre Mateu no ano que finaliza o Pórtico da Gloria.
Como columnista colabora con artigos de opinión en Xornal de Galicia e Vieiros.
Obras narrativas O soño do falcón (2003), Ed. Toxosoutos. Daniel e a porta do ceo (2008), Colección Mandaio, Biblos Clube de Lectores.Ficha de Daniel e a porta do ceo na páxina web do Consello da Cultura Galega (consultado o 13 de febreiro de 2010). O amante de Graza María (2016), Ed. Toxosoutos.
Notas
Véxase tamén Bibliografía Biblos Clube de Lectores, Revista de Información Literaria, n.os 5 (2003) e 34 (2008). Ligazóns externas Os libros de Ánxel Casal blog
Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes
Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Nados na Coruña Categoría:Nados en 1967