Ahmad Sa'adat (en árabe: أحمد سعدات, tamén transliterado como Ahmad Saadat), nado en 1953, é un político palestino, secretario xeral da Fronte Popular pola Liberación de Palestina (FPLP).
Sa'adat tornouse secretario xeral da FPLP en outubro de 2001, sucedendo a Abu Ali Mustafa despois do seu asasinato polo exército israelí. Foi encarcerado en Xericó pola Autoridade Nacional Palestina (ANP) en 2002, canda a outros cinco palestinos. O 14 de marzo de 2006, forzas israelís atacaron o cárcere e secuestraron a Sa'adat, enviándoo á prisión de Hadarim, posteriormente trasladárono á prisión de Asqelan en réxime de confinamento solitarioAhmad Sa'adat transferred to solitary confinement in Asqelan prison! ., e dende agosto de 2009 permanece na prisión de Ramon, no deserto de NagabLiberdade para Ahmad Sa'adat e todos os prisioneiros palestinos, panfleto en galego., so custodia israelí. O 25 de decembro de 2008 foi condenado a 30 anos de cadea por liderar unha "organización terrorista ilegal" e pola súa responsabilidade en tódalas accións realizadas por dita organizaciónIsrael sentences PFLP leader to 30 years in prison, ynet ..
Acontecementos Coincidindo coa chegada de Sa'adat á secretaría xeral da FPLP, produciuse o asasinato do ministro de turismo israelí Rehavam Zeevi, o 17 de outubro de 2001. Ahmad refuxiuse nos cuarteis da Muqata'a, e Yasser Arafat negouse a entregalo a Israel. Despois de negociacións entre os Estados Unidos de América, o Reino Unido e as partes en conflito (Israel e a Autoridade Nacional Palestina), chegouse ó acordo de levanta-lo sitio da Muqata'a, e encarcerar a Sa'adat en Xericó baixo custodia estadounidense e británica, após un xuízo militar.
A Corte Suprema palestina declarou o encarceramento anticonstitucional e ordenou a súa liberación, mais a ANP recusou obedecer por temor a que forzas israelís o asasinaran. Amnistía Internacional fixo público un documento no que pedía a liberación de Sa'adat por non ser acusado formalmente de ningún delito e ter recibido un xuízo inxusto. O 14 de marzo de 2006 os observadores británicos e estadounidenses retiráronse da prisión de Xericó, e inmediatamente esta foi cercada polas tropas israelísA sudden exit, a jail is stormed - and Israel's long wait is over, guardian.co.uk ., na chamada Mivtza Hava'at Bikurim. A operación levou dez horas, nas que os reclusos (preto de 300) ían rendíndose ós poucosPalestinians Captured in Israeli Raid On Prison, The Washington Post .. Sa'adat e os outros cinco prisioneiros que Israel pescudaba foron os derradeiros en se entregarenPalestinian Militants Surrender After Israeli Prison Clash , Fox News .Israelis Seize 6 in Raid on Prison in the West Bank, New York Times .. Na Cidade de Gaza produciuse unha manifestación de 15 000 persoas a prol da FPLP, e na contra de Israel, Estados Unidos e mais Reino Unido.
Unha vez producido o secuestro de Sa'adat e os outros cinco palestinos, o líder da FPLP pasou por distintos cárceres, en ocasións en confinamento solitario. O 25 de outubro de 2008 foi finalmente condenado a 30 anos de cadea. O 22 de outubro de 2009 foi condenado a 6 meses máis de cárcere en confinamento solitariohttp://www.freeahmadsaadat.org/.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Entrevista a Ahmad Sa'adat, Maan News Agency, 3 de xaneiro de 2006. Carta de Ahmad Sa'adat dende o cárcere de Xericó.
Categoría:Políticos de Palestina Categoría:Nados en Palestina Categoría:Nados en 1953