O Blackburn Rovers Football Club é un equipo de fútbol inglés da Premier League con sede na cidade de Blackburn, Lancashire. O club foi fundado en 1875, sendo un dos membros fundadores da Football League en 1888. É un dos únicos tres clubs ingleses que foi membro fundador tanto da Football League como da Premier League, xunto co Aston Villa e o Everton. En 1890 o Rovers trasladouse ao seu actual terreo de xogo como local, Ewood Park. Antes da formación da Premiership en 1992, a meirande parte dos éxitos do club eran anteriores a 1930, cando gañaran a liga e a FA Cup en varias ocasións. Con todo, un descenso en 1966 significou 26 tempadas seguidas fóra da máxima categoría do fútbol inglés.
En 1992 o Blackburn ascende á nova Premier League un ano despois de ser tomado polo barón do aceiro local Jack Walker, que fichou a Kenny Dalglish como adestrador con moito éxito, xa que en 1995, despois de gastar millóns en fichaxes como Alan Shearer ou Chris Sutton, gañan o campionato da Premier League. Porén, a ledicia non durou moito e o club descende de novo en 1999, regresando tan só dous anos despois, xusto despois da morte de Walker, permanecendo nesta categoría dende aquela. Durante esta época o equipo clasificouse á Copa da UEFA en catro ocasións: unha como campión de League Cup, dúas como sexto clasificado da Premier League e outra a través da Copa Intertoto. A temporada 2009-10 marcou a tempada número 70 do club na elite do fútbol inglés non consecutiva. O lema do club é a expresión latina: "Arte et labore", é dicir "Habilidade e traballo duro".
Historia O Blackburn Rovers foi fundado o 5 de novembro de 1875. En 1912 gañou o seu primeiro título de Liga e en 1914 o seu segundo. En 1995 gañou o seu terceiro e, até o de agora último, título da Premier League.
Uniforme Uniforme titular: Camiseta dividida en dúas metades, a metade dereita azul con manga branca e a metade esquerda branca con manga azul, pantalón e medias brancas. Uniforme alternativo: Camiseta dividida en dúas metades, a metade dereita negra con manga vermella e a metade esquerda vermella con manga negra, pantalón negro e medias negras.
Estadio
O actual estadio do Rovers é Ewood Park, aínda que antes de trasladarse ao mesmo en 1890 xogou noutros recintos deportivos, entre os que se atopan Oozehead Ground (1876-77), Pleasington Cricket Ground (1877-78), Alexandra Meadows (1878-81) e Leamington Road (1881-90).
Xogadores Categoría principal: Xogadores do Blackburn Rovers FC. Cadro actual Cadro actualizado a 17 de febreiro de 2020.
Récords de xogadores As estatísticas só inclúen partidos da Premier League (dende 1992), incluídos os períodos dentro do club. Datos a 13 de agosto de 2010. Os xogadores en letra grosa seguen a xogar actualmente no Blackburn Rovers. Partidos xogados miniatura|Brad Friedel. #NomePeríodoApariciónsGoles1 Brad Friedel2000–200826112 Morten Gamst Pedersen2004–actualidade260343 Brett Emerton2003–2011247134 Tim Sherwood1992–1999235255 Tugay Kerimoğlu2001–2009233106 Colin Hendry1991–199820487 Jason Wilcox1992–1999192278 Lucas Neill2001–200718859 Stuart Ripley1992–19981871310 Garry Flitcroft1996–200618611
Máximos goleadores miniatura|Alan Shearer. #NomePeríodoGolesApariciónsGoles por partido1 Alan Shearer1992–19961121382 Chris Sutton1994–1999471303 Kevin Gallacher1993–1999461394 Benni McCarthy2006–201036955 Morten Gamst Pedersen2004–actualidade342606 Andy Cole2001–200427837 Jason Wilcox1992–1999271928 Tim Sherwood1992–1999252359 Jason Roberts2006–20122313410 Roque Santa Cruz2007–20092357
Galardóns individuais Máximo goleador de Europa Os seguintes xogadores foron os máximos goleadores de toda Europa (antes da instauración en 1968 do premio Bota de Ouro) mentres xogaban para o Blackburn Rovers: Jack Southworth (26 goles) – 1891 Ted Harper (43 goles) – 1926
Palmarés Nacional Liga First Division (actual Premier League): 3 (1) 1911-12, 1913-14, 1994-95 Second Division: 1 1938-39 Third Division: 1 1974-75
Copas FA Cup: 6 1883-84, 1884-85, 1885-86, 1889-90, 1890-91, 1927-28 League Cup: 1 2002 FA Charity/Community Shield: 1 1912 Lancashire Senior Cup: 12 1882, 1883, 1884, 1885, 1896, 1901, 1902, 1904, 1907, 1909, 1911, 1945, 1983, 1985, 1987, 1989, 2007
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web oficial
Categoría:Equipos de fútbol de Inglaterra