O Hernani Club de Rugby Elkartea é un club de rugby vasco da localidade guipuscoana de Hernani, que xoga na División de Honra B, a segunda categoría do rugby español.
O campo onde disputa os seus partidos como local é o Landare Toki, e as súas cores son o branco, o verde e o vermello.
Historia O Hernani Club de Rugby Elkartea foi fundado en 1965 en Hernani (Guipúscoa). Naceu debido a que un grupo de afeccionados ao rugby da localidade deciden crear este equipo para xogar a este deporte. Dada a xuventude do mesmo, o primeiro equipo do Hernani C.R.E. foi de categoría infantil que xogaba os seus partidos como local nun campo de area compartido co CD Hernani.
Dende 1966 o Hernani C.R.E. participou nas ligas rexionais, grupo Norte naquela época, e na liga de Segunda División, similar á División de Honra B actual, ata acadar o ascenso á División de honra na tempada 1977-78.
Tras varios anos de mellora e crecemento, o club chega a unha década de esplendor, a que comprende os anos dende 1978 a 1987, na que conseguen un subcampionato da Copa da FER, e catro subcampionatos da Liga Española de rugby. Tras estes éxitos, cúmprese un ciclo deportivo e descende de categoría, non só por motivos deportivos, senón tamén polas distintas reestruturacións que sufriu a liga española durante os anos '80 e '90 do século XX.
En 1987 perdeu a categoría e participou na 1ª Nacional, grupo Norte-Levante, xunto a vellos coñecidos. Logo de catro bos anos en 1ª División, a reestruturación de 1991 supuxo que o HCRE perdera a súa categoría nacional e baixara á Liga Vasca, ao perder o partido de promoción contra o RC Irún.
O club pasou 13 tempadas sen competir en categoría estatal, ata que na tempada 2003-04 conseguiu o ascenso á División de Honra B, categoría na que se mantén durante unhas tempadas, conseguindo a clasificación para os Play-Off de ascenso nas tempadas 2006-07 e 2008-09.
Cómpre salientar que o club conseguiu diversos títulos en tódalas categorías inferiores do rugby vasco e estatal ao longo da súa historia.
Na tempada 2010-11 o equipo competiu no Grupo 1 da División de Honra B, acadando a 4ª posición da clasificación final. Ó ano seguinte o club rematou primeiro na táboa do Grupo 1, e loitou co Club Alcobendas Rugby nunha eliminatoria de promoción que rematou coa vitoria vasca, acadando o Hernani o ascenso á máxima categoría do rugby español, na que competirá en 2012-13, 26 anos despois da súa última presenza.
Palmarés Posicións do Hernani Club de Rugby Elkartea nas competicións nacionais Categoría20141312111009080706050403020100999897969594939291908988878685848382818079787776757473727170Div.Honra 11 10 102 222x Div.HonraB 1 4124243 1ªNacional 23476 6842 1 1 121 Copa A División de Honra comezou a disputarse en 1970. A División de Honra B existe dende a tempada 1998-99. Anteriormente a Primeira Nacional era a 2ª División do rugby español. A Primeira División Nacional existe dende a tempada 1972-73. Naceu como o 2º nivel do rugby español, e dende a tempada 1998-99 é o 3º.
4 Subcampionatos da División de Honra:1980, 1981, 1982, 1984. 1 Subcampionato da Copa FER: 1978.
Tempada actual
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Site oficial do club Outros artigos
Hernani Categoría:Hernani