miniatura|Foxo de lobo na Corredoira (Cerdedo Cotobade). Un couso, lobeira ou foxo de lobo (do latín fossum, escavadoCrespo Pozo, J. S. (1979): Nueva contribución a un vocabulario castellano-gallego: Con indicación de fuentes e inclusión del gallego literario. Ourense: La Región.) é unha construción tradicional empregada no medio rural para a caza do lobo ou de calquera outro animal considerado daniño e perigoso.
Características miniatura|Foxo de lobo de Gargamala (Mondariz). Un foxo de lobos consta dunha serie de elementos empregados para conduciren o lobo ata un lugar onde se lle poida dar caza. Habitualmente os seus elementos constitutivos son un par de muros ou valados e un pozo ou foxo propiamente dito. Os valados teñen altura suficiente para impediren o paso dos lobos, e forman no terreo os dous lados dun triángulo. No seu vértice hai unha rede entre eles ou un furado escavado no chan, o foxo, no que os lobos eran capturados ou mortos. Os muros podían ser de pedra ou madeira, ás veces de cachotería e outras de chantos. Adoitaban ter unha lonxitude total de varios centos de metros.
Outra variedade consiste nun recinto murado pechado situado en terreo elevado nun lugar de paso obrigado. Nel é doado entrar pero imposible saír. Tamén fai posible capturar ao animal con vida.
Uso miniatura|Foxo de lobo en Parada de Sil. As cacerías organízanse de xeito comunitario. En Galicia a participación nas cacerías estaba tradicionalmente regulada polos concellos das parroquias. As épocas preferidas para a caza eran a primavera e máis o verán. Os cazadores saían bater ao monte provistos de todo tipo de obxectos que facían ruído e encamiñábanse na súa fuxida cara ao espazo entre os valados.López Seoane, V. (1861): Fauna mastológica de Galicia ó historia natural de los mamíferos de este antiguo reino: aplicada á la medicina, á la agricultura, á la industria, á las artes y al comercio. Imprenta de Manuel Mirás.
O uso das lobeiras está espallado por todo o noroeste da Península Ibérica, especialmente nas zonas máis montañosas ou nas menos humanizadas. A pouquidade crecente de lobos e osos fai que o seu uso estea diminuíndo. Con frecuencia a toponimia indica a existencia de foxos ou dispositivos semellantes , que recibían o nome de calello, caneyo, calecho, xorco, jorco ou caón en Asturias; chorco en León. A variedade de recinto pechado era chamada couso en Asturias, corral en León e cortello en Zamora.Torrente Sánchez-Guisande, J. P. (1999): Osos y otras fieras en el pasado de Asturias, 1700-1860. Proaza, Fundación Oso de Asturias.
Foxos de lobo notábeis
Foxo de lobo das Brañeiras, en Viascón (Cerdedo Cotobade) Foxo do lobo de Guende, en Guende (Lobios) Foxo do lobo do Chan da Anduriña, nas Estacas (Fornelos de Montes) Foxo do lobo de Parada da Serra, entre os concellos do Riós e da Gudiña Foxo de lobo de Gargamala, en Gargamala (Mondariz)
Foxo do lobo de Parada de Sil
Galería de imaxes
Notas
Véxase tamén Outros artigos O lobo na cultura popular galega Bibliografía
Ligazóns externas
Categoría:Arquitectura popular
Categoría:Caza