O Benetton Rugby é un equipo de rugby italiano con sede na cidade de Treviso (Véneto). O nome do club é, desde 1979, debido ao seu partrocinador, a compañía de moda Benetton. O equipo participa actualmente no Pro14, unha competición profesional que agrupa equipos de Gales, Escocia, Irlanda, Italia e Suráfrica. Até o ano 2010 o equipo competiu no Super 10, a máxima categoría do rugby transalpino. Nesta última competición, o Benetton conseguiu desde a súa fundación en 1932 quince títulos nacionais.
O equipo de Treviso ten achegado unha gran cantidade de xogadores á , como por exemplo Alessandro Zanni e Leonardo Ghiraldini. Por outra banda, o erquipo ten utilizado moitos xogadores estranxeiros, incluído os campións do mundo Craig Green, John Kirwan e Michael Lynagh. O club xoga os seus partidos como local no Stadio Comunale di Monigo, un recinto inaugurado en 1973 con capacidade para 6.700 espectadores.
Historia O Treviso Rugby foi fundado en 1932. Gañou o seu primeiro título en 1956, cando gañou a liga italiana, este foi o primeiro dos moitos éxitos do club. Durante a década dos '70, o club gañou a súa primeira Copa en 1970, e outra liga en 1978. O ano anterior Benetton convertérase no principal espónsor, chamándose o club dende aquela Benetton Rugby Treviso. Gañou a competición doméstica dúas veces nos anos '80, unha no 83 e outra no 89, e dous anos despois se proclamaría novamente campión (1992).
En 1995 o rugby converteuse nun deporte profesional. O Benetton Treviso competiu na Heineken Cup 1995/96, a tempada inaugural das competicións europeas de rugby. O Benetton Treviso xogou dous partidos na competición, gañando un e perdendo o outro. A seguinte campaña xogaron catro partidos na Copa de Europa de rugby, gañando unicamente un partido. Volveron gañar a Liga Italiana en 1997. Na tempada 1998/99 da Heineken Cup o equipo conseguiu gañar tres partidos, todo un éxito para eles.
O Benetton Treviso dominou as ligas italianas en títulos. Gañaron a Copa de Italia en 1998, ao igual que a liga, que tamén gañaron en 1999, 2001, 2003, 2004, 2006, 2007 e 2009. O Benetton Treviso competiu na European Challenge Cup nas tempadas 2000-01 e 2002-03. Gañou a metade dos seus partidos na Copa de Europa de rugby 2004-2005, mais na Copa de Europa de rugby 2007-2008 unicamente puideron gañar un partido fronte aos Newport Gwent Dragons. Conseguiu a súa vitoria europea máis importante na tempada 2009–10 da Heineken Cup, ao derrotar ao campión do Top 14 francés, o Perpignan por 9–8 en Treviso.
Elenco Os seguintes son os xogadores dos Treviso para o Pro14 de 2019−20.
Equipo do Benetton Rugby (Pro14)Piliers Derrick Appiah Giuseppe Di Stefano Simone Ferrari Tiziano Pasquali Nicola Quaglio Marco Riccioni Cherif Traorè Federico Zani
Talonadores Tomás Baravalle Hame Faiva Ornel Gega Engjel Makelara
Segunda liña Dean Budd (c) Marco Fuser Irné Herbst Federico Ruzza Eli SnymanTerceira liña Marco Barbini Toa Halafihi Michele Lamaro Marco Lazzaroni Nasi Manu Sebastian Negri Giovanni Pettinelli Braam Steyn Alessandro Zanni
Medios-melé Dewaldt Duvenage Tito Tebaldi Charly Trussardi
Aperturas Tommaso Allan Ian Keatley Ian McKinley Antonio Rizzi Centros Tommaso Benvenuti Ignacio Brex Luca Morisi Alberto Sgarbi Marco Zanon
Ás Angelo Esposito Monty Ioane Leonardo Sarto Iliesa Ratuva Tavuyara
Zagueiros Jayden Hayward Luca Sperandio (c) Denota ao capitán e Grosa denota xogadores internacionais.
Premios e distincións Liga Italiana de Rugby: Campións: 1956, 1978, 1983, 1989, 1992, 1997, 1998, 1999, 2001, 2003, 2004, 2006, 2007, 2009, 2010 Copa de Italia: Campión: 1970, 1998, 2005
Estatísticas Pro12 Ano Xogos Vitorias Empates Derrotas Bonus Puntos 2010–11 10º 22 9 0 13 2 38 2011–12 10º 22 7 0 15 8 36 2012–13 7º 22 10 2 10 6 50 2013–14 11º 22 5 1 16 8 30 2014–15 11º 22 3 1 18 5 19 2015–16 12º 22 3 0 19 8 20 2016–17 10º 22 5 0 17 3 23
Pro14 Ano Conferencia Xogos Vitorias Empates Derrotas Bonus Puntos 2017–18 Conferencia B 5th 21 11 0 10 11 55 2018–19 Conferencia B 3º 21 11 2 8 9 57Cuartos de final Munster 15–13 Benetton Rugby 2019–20 Conferencia B 1º 0 0 0 0 0 0
Challenge Cup Ano Conferencia Xogos Vitorias Empates Derrotas Bonus Puntos2000–01Grupo 1 2º 6 5 0 1 0 102002–032º rolda Newcastle Falcons 43 – 32 Treviso (marcador acumulado)2016–17Grupo 1 3º 6 2 0 4 0 82018–19Grupo 5 2º 6 4 0 2 4 20
Champions Cup Ano Conferencia Xogos Vitorias Empates Derrotas Bonus Puntos1995–96 Grupo 1 2º 2 1 0 1 0 21996–97 Grupo 1 4º 4 1 0 3 0 21997–98 Grupo 5 3º 6 2 0 4 0 41998–99 Grupo 4 3º 6 3 0 3 0 61999–00 Grupo 5 3º 6 2 0 4 0 42001–02 Grupo 2 4º 6 1 0 5 0 22003–04 Grupo 5 3º 6 1 0 5 1 52004–05 Grupo 2 3º 6 3 0 3 2 142005–06 Grupo 4 4º 6 0 0 6 3 32006–07 Grupo 1 4º 6 0 0 6 0 02007–08 Grupo 1 4º 6 1 0 5 1 52008–09 Grupo 3 4º 6 0 0 6 0 02009–10 Grupo 1 4º 6 1 0 5 1 52010–11 Grupo 5 4º 6 0 0 6 1 12011–12 Grupo 5 4º 6 1 1 4 1 72012–13 Grupo 2 4º 6 1 0 5 1 52013–14 Grupo 5 4º 6 0 0 6 0 02014–15 Grupo 5 4º 6 1 0 5 0 42015–16 Grupo 4 4º 6 0 0 6 0 02017–18 Grupo 5 4º 6 0 0 6 4 42019–20 Grupo 1 4º 0 0 0 0 0 0
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Pro14
Ligazóns externas Páxina web oficial
Treviso Categoría:Equipos do United Rugby Championship