Levanzo (en siciliano: Lèvanzu) é a máis pequena das tres principais Illas Égadi no Mediterráneo ao oeste de Sicilia, Italia. Forma parte da municipalidade (comune) de Favignana na Provincia de Trapani.

Levanzo ten unha superficie de 5´82 km². O punto máis alto é Pizzo Mónaco cunha altura de 278 m. A illa tiña ao redor de 200 habitantes no ano 2011. A poboación céntrase principalmente ao redor do pequeno porto, que dá moi pouco refuxio das tormentas.

O nome antigo da illa era "Phorbantia", que é unha especie de plantas que crecen alí.

Levanzo é famoso pola "Grotta do Genovese", con arte rupestre Neolítico e do Paleolítico.

Ademais, nas augas de Cala Minnola, no lado oriental da illa de Levanzo, atópase un dos sitios arqueolóxicos máis importantes de Sicilia baixo a auga na que un buque de carga romano, cargado de ánforas de viño, a uns 27 metros de profundidade.

Galería de Imaxes

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Illas Égadi

Ligazóns externas

Categoría:Illas de Italia