Last Days é un filme do director Gus Van Sant. É un relato ficticio dos últimos días do cantante de Nirvana Kurt Cobain. Foi exhibido nos teatros de Estados Unidos o 22 de xuño de 2005 e producido por HBO. O actor Michael Pitt interpreta o personaxe protagonista. Ademais, o filme inclúe aparicións de Kim Gordon (de Sonic Youth e coñecida de Cobain), Lukas Haas, Asia Argento e Thadeus A. Thomas. Tamén, o autor e amigo de Van Sant, Harmony Korine, aparece nunha breve escena, facendo un papel similar ao de na película Kids.

Last Days é a terceira película do que o director chamou a súa "Triloxía da morte", que empezou con Gerry (2002) e continuou con Elephant (2003).

Proxecto Van Sant xa tiña pensado facer este proxecto dez anos anos, aínda que as ideas iniciais variarían por temor a demandas da viúva Cobain, Courtney Love, saíndo ao final un filme cuxo parecido á realidade é casualidade. A actriz Asia Argento, que interpretaba á muller do protagonista dixo que "non fixera de Courtney Love""Asia Argento Denies Last Days Role Is Based On Courtney Love FemaleFirst.co.uk.

Música Last Days posúe dúas composicións do actor principal Michael Pitt: unha canción acústica titulada "Death to Birth", un tema eléctrico chamado "That Day". Hai outra peza, "Untitled", de Lukas Haas. Nunha escena o personaxe de Scott escoita "Venus in Furs" de Velvet Underground.

Localización da rodaxe A película foi rodada en Hudson Valley, rexión do Estado de Nova York. Un tratamento feito polo cinematógrafo Harris Savides escurece a imaxe e fai recordar a atmosfera da rexión noroeste dos Estados Unidos.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial en castelán Páxina oficial

Categoría:Filmes de 2005 Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dirixidos por Gus Van Sant Categoría:Filmes rodados no estado de Nova York Categoría:Filmes rodados en Oregón Categoría:Filmes sobre suicidio Categoría:Filmes sobre depresión