Maruxa Méndez Otero, nada o 20 de setembro de 1914 en Lavadores (antigo concello, hoxe pertencente a Vigo) e finada en Vigo o 24 de abril de 2005, foi unha costureira e promotora da danza tradicional galega viguesa.«En recuerdo de Maruja Méndez» La Voz de Galicia, 27/5/2006.
En 1958 creou un coro que a partir de 1963 levaría o nome de Lembranzas Galegas, e ao que máis tarde se lle engadiría unha sección de agrupación folclórica. En 1974 instaurou o costume de facerlle unha ofrenda floral ao Cristo da Vitoria.
Recibiu a Medalla Castelao en 1987Diario Oficial de Galicia, n.º 114, de 17 de xuño de 1987 e o título de Viguesa Distinguida en 1988. Leva o seu nome un festival folclórico anual que se celebra no barrio vigués de Lavadores.
Ademais cos rapaces da zona de Santa Clara (Cabral) fundou o grupo Pombiñas, e tamén o Ballet galego Xuvenil.
Foi unha parte activa da sociedade e cultura de Santa Clara.
Notas
Véxase tamén Bibliografía Maruja Méndez, lavadoreña insigne. Asociación Veciñal, Cultural e Deportiva de Lavadores, Concello de Vigo, 2006. "Maruja Méndez Otero. Viguesa Distinguida en 1988" en Vigueses distinguidos 1985-2011, páxina 148, Fundación Vigueses Distinguidos, Concello de Vigo, 2012 (en castelán)
Categoría:Medallas Castelao Categoría:Nados en Vigo Categoría:Finados en 2005 Categoría:Nados en 1914 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Vigueses distinguidos