Fernando Pérez-Barreiro Nolla, nado en Ferrol en 1931 e finado en Lancaster (Inglaterra) o 4 de xaneiro de 2010, foi un escritor e tradutor galego.
Vida Fillo do escritor e avogado Fernando Pérez Barreiro, licenciouse en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela. Sumouse ao ambiente galeguista da capital galega, e grazas a estas relacións consegue un posto de traballo na emisión en galego da radio da BBC británica, onde compartirá espazo con Plácido Castro. Múdase entón a Londres en 1963 e alí traballará para os servizos exteriores da BBC ata 1969, onde empregou o pseudónimo Fernando Nolla"El sabio impasible" , artigo de Eduard Punset, publicado en Muy Interesante, maio de 2011; ligado á web do escritor e xornalista..
Posteriormente incorporouse como tradutor á Organización Internacional do Café, onde traballou ata a súa xubilación en 1993 e onde seguiu colaborando durante varios anos con posterioridade. Nese tempo licénciase tamén en lingua e literatura chinesa pola universidade de Westminster, e realiza unha estadía en 1982 en Pequín.
Na década dos noventa exerceu como profesor universitario de tradución na universidade de Westminster e na universidade do Val do Támese. A súa relación con Galicia mantívose a través das traducións do inglés ao galego e do seu labor como membro do consello asesor do IGADI. Tamén escribía con regularidade para publicacións galegas, como A Nosa Terra e Tempos novos.
Recoñecementos Pedrón de honra en 2005. Medalla Castelao en 2009.
Obra Como tradutor, levou a Shakespeare por primeira vez ao galego, en 1972, co Macbeth, e tamén foi pioneiro na tradución de obras chinesas ao galego. Tamén traduciu Alicia no país das marabillas e Alicia do outro lado do espello (Lewis Carroll), a canda a súa dona Teresa Barro, e o primeiro deses títulos valeulle o premio Nacional de Tradución de Libros Infantís e Xuvenís, a nivel estatal.
Traducións Macbeth, de William Shakespeare (1972) Flores e leña (colección de narrativa breve chinesa), (1982) Alicia no país das marabillas, de Lewis Carroll, (1985) Alicia do outro lado do espello, de Lewis Carroll, (1985) Breviario do pensamento clásico chinés (2005), premio Plácido Castro de tradución.
Ensaio/memorias Amada liberdade, 2013, Xerais.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas "A visão linguística de Fernando Pérez-Barreiro" Portal Galego da Língua, AGAL
Categoría:Medallas Castelao Categoría:Tradutores de Galicia Categoría:Tradutores ao galego Categoría:Tradutores do inglés Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Escritores en lingua galega Categoría:Personalidades da radio en galego Categoría:Programas de radio en galego na BBC Categoría:Galegos do Reino Unido Categoría:Nados en Ferrol Categoría:Nados en 1931 Categoría:Finados en 2010 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Membros correspondentes da Real Academia Galega