Os celomados (Coelomata) son animais triblásticos con celoma, polo menos durante as fases embrionarias. Nestes animais o mesoderma fai un oco e no seu interior fórmase unha cavidade, chamada celoma, que forma a cavidade xeral interna do animal.

Existen outros animais que carecen de cavidade corporal (acelomados) e outros que non teñen un verdadeiro celoma senón un blastocele persistente (pseudocelomados).

Tipos de celomados Segundo a orixe da cavidade celomática, distínguese dous tipos de celomados:

Esquizocelomados. O celoma fórmase por esquizocelia, é dicir, a partir de agrupacións de células no interior da gástrula. Enterocelomados. O celoma fórmase por enterocelia, é dicir, invaxinacións do arquénteron, que é o futuro tubo dixestivo.

Notas

Véxase tamén Acelomados Pseudocelomados Celoma

Categoría:Eumetazoa