O Iraklis Thessaloniki B.C. (en grego: ΚΑΕ Ηρακλής), é un equipo de baloncesto grego da cidade de Tesalónica, que xoga na A2 Ethniki, a segunda categoría do baloncesto heleno. Disputa os seus partidos como local no Ivanofio, con capacidade para 2.500 espectadores.

Historia Forma parte dun club polideportivo creado en 1908, o Gymnastic Club Iraklis Thessaloniki, ao que tamén pertence a sección de fútbol, o Iraklis FC, aínda que a sección de baloncesto non se fundou ata 1924. O nome do equipo provén do deus grego Hércules. Gañou o primeiro Campionato de Grecia, en 1928, repetindo título en 1935, nos que son os seus únicos títulos. Xa na era moderna, permaneceu na A1 Ethniki ata o 2006, acadando os seus mellores resultados en 1995 e 2004, quedando en terceira posición. Participou en 16 ocasións en competicións europeas, sendo as súas mellores clasificacións as semifinais acandadas na Copa Saporta en 1995 e 1997.

Palmarés Liga de Grecia Campións (2): 1928, 1935 Copa de Grecia Subcampión (3): 1981, 1994, 1996

Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web oficial

Iraklis