O Pallacanestro Cantà, tamén coñecido por motivos de patrocinio como Acqua S. Bernardo Cantù, é un club profesional de baloncesto italiano con sede na cidade de Cantù (Lombardía). O Cantù é o segundo equipo, detrás do Real Madrid (contra os que teñen un balance de 8−2), con maior número de títulos europeos gañados, con doce: dúas Euroliga, catro Copas Saporta e catro Copas Korać, alén dunha Copa Intercontinental da FIBA. A nivel doméstico posúen nas súas vitrinas tres Ligas e catro Copas de Italia. Actualmente compite na Lega Basket Serie A, a máxima categoría do baloncesto italiano. O Cantù xoga os seus partidos como local no Palasport Pianella, con capacidade para 3.910 espectadores, e ocasionalmente no PalaDesio, recinto con capacidade de até 8.000 espectadores na localidade veciña de Desio.
Historia Fundado en 1936 por Mario Broggi e Angiolino Polli, o Pallacanestro Cantú chegou a converterse nun dos mellores clubs de baloncesto de Italia e un dos máis prestixiosos de Europa pese a estar situado nunha cidade de aproximadamente 35000 habitantes. No seu palmarés destacan dous títulos da Euroliga, catro Recopas de Europa, e catro Copas Korać. Actualmente milita na Serie A (máxima categoría) da Liga Italiana de Baloncesto, que gañou en tres ocasións.
A pesar de que o nome oficial do club é "Pallacanestro Cantú", xeralmente foi coñecido polo nome comercial que recibiu dos diferentes patrocinadores cos que contou ao longo da súa historia: Forst, Clear, Squibb e Ford son algúns dos máis coñecidos.
Patrocinadores Ao longo da hisoria, por mor de razóns de patrocinio, o Pallacanestro Cantù recibiu os seguintes nomes: Milenka Cantù (1954−1955) Oransoda Cantù (1956−1958, 1965−1969) Fonte Levissima Cantù (1958−1965) Forst Cantù (1970−1977) Gabetti Cantù (1977−1980) Squibb Cantù (1980−1982) Ford Cantù (1982−1983) Jollycolombani Cantù (1983−1985) Arexons Cantù (1985−1987) Vismara Cantù (1987−1990) Shampoo Clear Cantù (1990−1994) Polti Cantù (1994−1999) Canturina Cantù (1999−2000) Poliform Cantù (2000−2001) Oregon Scientific Cantù (2001−2004) Vertical Vision Cantù (2004−2006) Tisettanta Cantù (2006−2008) NGC Medical Cantù (2008−2010) Bennet Cantù (2010−2012) Chebolletta Cantù (2012) Lenovo Cantù (2013) Acqua Vitasnella Cantù (2013−2016) Red October Cantù (2016−2018) Acqua S. Bernardo Cantù (2018−presente)
Palmarés Títulos internacionais Euroliga Campións (2): 1982, 1983 Subcampións (1): 1976 Copa Saporta Campións (4): 1977, 1978, 1979, 1981 Subcampións (1): 1980 Copa Korać Campións (4): 1973, 1974, 1975, 1991 Subcampións (1): 1989 Copa Intercontinental da FIBA Campións (2): 1975, 1982 Subcampións (1): 1983
Títulos nacionais Liga de Italia Campións (3): 1968, 1975, 1981 Subcampións (2): 1980, 2011 Copa de Italia Subcampións (4): 1997, 2003, 2011, 2012 Supercopa de Italia Campións (2): 2003, 2012 Subcampións (1): 2011
Véxase tamén Ligazóns externas Site oficial do club
Categoría:Equipos de baloncesto de Italia Categoría:Equipos campións da Euroliga