Walther Hermann Nernst, nado en Briesen, (Prusia, hoxe Wąbrzeźno) o 25 de xuño de 1864 e finado en Ober-Zibelle (Alemaña) o 18 de novembro de 1941, foi un físico e químico alemán, Premio Nobel de Química en 1920.

Traxectoria Nado na Prusia occidental, considerábase alemán, aínda que de nai polaca.

Estudou nas universidades de Zürich, Berlín, Graz e Würzburg. Tras traballar algún tempo en Leipzig, desde 1891 exerceu como profesor de física na Universidade de Gotinga, onde, en 1895, fundou o Instituto de Química, Física e Electroquímica.

Posteriormente, en 1905 trasladouse á Universidade Humboldt de Berlín como profesor e director do Instituto de Química Física. En 1922 foi nomeado presidente do Instituto Fisicotécnico de Berlín-Charlottenburg, cargo que deixou en 1933. Desde entón dedicouse ao estudo da electroacústica e astrofísica.

Casou con Emma Lohmeyer en 1892 con quen tivo dous fillos e tres fillas.Biografía na páxina oficial dos premio Nobel

Investigacións científicas dereita|miniatura|300px|Segunda Congreso Solvay (1913), conferencias promovidas por Nernst e Max Planck. Podemos ver a Nernst, situado o primeiro pola esquerda da primeira fila, sentado á beira de Ernest Rutherford Os seus traballos axudaron a establecer a moderna físico-química. Traballou nos campos da electroquímica, termodinámica, química do estado sólido e fotoquímica. Os seus descubrimentos inclúen a ecuación de Nernst.

Desenvolveu o chamado "teorema da calor", segundo o cal a entropía dunha materia tende a anularse cando a súa temperatura aproxímase ao cero absoluto, e que constitúe a Terceira Lei da Termodinámica. Recibiu o premio Nobel de Química, premio que foi anunciado o 10 de novembro de 1921 e entregado aquel mesmo ano.

Desenvolveu tamén unha teoría osmótica para explicar e determinar o potencial dos eléctrodos dunha pila de concentración e formulou a lei de distribución dunha materia entre dúas fases dadas.

Inventou a chamada lámpada de Nernst, cuxo filamento (constituído por óxidos de circonio e itrio) faise condutor ao quentarse, podendo alcanzar temperaturas superiores en máis de 1000 °C ás doutras lámpadas, máis eficaz que as antigas lámpadas de arco de carbón e que adoita empregarse como fonte de raios infravermellos.

A partir de 1933 dedicouse ao estudo da electroacústica e a astrofísica, inventou unha microbalanza, así como un piano eléctrico en colaboración coas compañías Bechstein e Siemens, e no que utilizou amplificadores de radio.

Recoñecementos Na súa honra bautizouse ao asteroide (24748) Nernst descuberto o 26 de setembro de 1992 por Freimut Börngen e Ludtz D. Schmadel. Notas

Véxase tamén

Outros artigos Premio Nobel de Química Potencial de eléctrodo Ecuación de Nernst Ligazóns externas Páxina web do Instituto Nobel, Premio Nobel de Química 1920 Biografía na páxina do Instituto Nobel Perfil de Walther Hermann Nernst NNDB

Categoría:Químicos de Alemaña Categoría:Premio Nobel de Química Categoría:Nados en 1864 Categoría:Finados en 1941 Categoría:Nados no condado de Wąbrzeźno Categoría:Alumnos da Universidade Humboldt de Berlín Categoría:Alumnos da Universidade de Zürich Categoría:Premios Nobel de Alemaña