JCVD é unha película de comedia e drama de 2008, dirixida por Mabrouk El Mechri e protagonizada por Jean-Claude Van Damme.

A película estreouse o 4 de xuño de 2008 en Bélxica e Francia.

Sinopse

Van Damme interprétase a si mesmo, un actor estrela do cine de acción en declive, nunha racha de mala sorte. Anda mal de cartos, o seu axente non lle atopa unha produción digna, e o xuíz do preito pola custodia da súa filla está disposto a concederlla á súa exmuller. Regresa á súa casa da infancia en Bruxelas, capital de Bélxica, onde viven seus pais e aínda se considera unha icona nacional. Pero no momento de ir a unha oficina de correos para recibir unha transferencia bancaria, atópase atrapado en medio dun atraco. Debido a un erro, a policía pensa que Van Damme é un dos atracadores en vez dun dos reféns. Os acontecementos vanse vendo desde diferentes perspectivas, e Van Damme aparece actuando coma heroe para protexer os reféns, coma un negociador, e coma o autor do atraco.

Recepción As críticas de JCVD son xeralmente positivas, sendo o máis eloxiado o extenso monólogo de Van Damme onde expresa unha ampla gama de emocións. Boa parte da crítica recoñeceu as capacidades como actor de Van Damme na súa lingua natal, a francesa.

Categoría:Filmes de 2008 Categoría:Filmes rodados en Bélxica Categoría:Filmes ambientados en Bruxelas