Hamlet é o cráter máis grande da lúa do planeta Urano, Oberón. Ten un diámetro do redor de 206 km e sería bautizado co nome da personaxe principal da obra de William Shakespeare, Hamlet. O cráter ten unha superficie escura e está rodeado por un brillante sistema de raios, os cales xurdiron do xeo expulsado despois do impacto e depositado pouco despois dando lugar ó citado sistema de raios. A natureza do material escuro da superficie interior do cráter é descoñecida, pero podería ser material procedente do interior da lúa. O cráter foi fotografado por primeira vez pola sonda espacial Voyager 2 en xaneiro do 1986.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lista dos accidentes xeolóxicos da lúas de Urano
Categoría:Oberón Categoría:Cráteres