A illa Atka (en inglés: Atka Island; en Unangam Tunuu ou en Aleutiano: AtxaxBergsland, K. (1994). Aleut Dictionary. Fairbanks: Alaska Native Language Center.) é a illa máis grande do grupo das illas Andreanof, que á súa vez forman parte das illas Aleutianas, no estado norteamericano de Alasca. A illa está a 80 quilómetros ao leste da illa de Adak. Mide 105 quilómetros de longo e entre 3,2 e 32 km de largo, cunha superficie de 1.048 km², polo que é a 22ª illa máis grande dos Estados Unidos. No nordés da illa Atka atópase o volcán Korovin, que alcanza os 1.533 m. A illa Oglodak atópase a 5´5 km do cabo Kigun, o punto máis occidental da illa Atka.

A vila de Atka, está na parte leste da illa. O censo de poboación de 2000, determinou que a illa estaba habitada por 95 persoas, case todas na cidade de Atka.Atka Island: Blocks 1085 thru 1100 and Block 1103, Census Tract 1, Aleutians West Census Area, Alaska United States Census Bureau

miniatura|Vila de Atka no inverno

Durante a segunda guerra mundial estableceuse unha base militar na illa, que aínda permanece. O 5 de decembro de 2008, o presidente George W. Bush creou o Monumento Nacional en conmemoración dos eventos da segunda guerra mundial no Pacífico, máis especificamente na illa.Walter, Eugene; Katherine Clark (2002). "The Arctic Circle". Milking the Moon: A Southerner's Story of Life on This Planet. New York: Three Rivers Press. ISBN 0-609-80965-2. The author describes his three years serving on Atka as a military cryptologist during World War II. Un B-24 Liberator estrelado en Atka e un dos nove sitios do monumento.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Atka, Illa de Categoría:Illas dos Estados Unidos de América Atka Categoría:Illas Aleutianas Categoría:Illas do mar de Bering