The Demolished Man é unha novela de ciencia ficción do escritor estadounidense Alfred Bester, gañadora do primeiro premio Hugo en 1953. A historia primeiro foi publicada por entregas en 3 partes, empezando en xaneiro de 1952 na revista Galaxy Science Fiction, ao cal seguiu despois a publicación da novela ao ano seguinte.
Elementos da obra
Está dedicado ao editor do Galaxy Science Fiction, H. L. Gold, que fixera as súas suxestións durante a escritura. O título escolleito orixinalmente por Bester era Demolition!, pero Gold disuadiuno desa idea.
A telepatía é unha das temáticas centrais da obra, estando indicada pola tipografía do texto. A novela emprega así mesmo xeróglifos e contén elementos premonitorios do cyberpunk.
Véxase tamén Ligazóns externas ISFdB Bibliography: The Demolished Man.
Categoría:Novelas en inglés Categoría:Obras literarias de 1953