A União Desportiva Oliveirense é un club polideportivo portugués da localidade de Oliveira de Azeméis. A sección de hóckey a patíns foi fundada en 1969. Na tempada 2006-07 finalizaron na 3ª posición da Liga portuguesa, logo de seren eliminados polo FC Porto nas semifinais, mais acadaron o 3º posto tras derrotar ao OC Barcelos no partido polo terceiro posto. Actualmente xoga na 1ª División da Liga portuguesa.

Palmarés 1 Campionato Nacional de 2ª División Zona Norte (1975) 3 Copas de Portugal (1997, 2011, 2012) 1 Copa CERS (1997) 1 Copa Continental (2017) Véxase tamén

Ligazóns externas Sitio oficial da UD Oliveirense

Oliveirense Oliveirense