Un aerodino é unha aeronave máis pesada que o aire que precisa do movemento relativo con respecto dun fluído (como pode se-lo aire) para xerar forzas de sustentación. É por isto polo que están destinados a voar no seo da atmosfera. miniatura|Airbus A-380 na cerimonia de inauguración. Están dotados de superficies sustentadoras ou ás. A xeometría específica das ás (perfil aerodinámico) modifica a velocidade do aire, acelerándoo na parte superior da á (extradorso) con relación á inferior (intradorso). Esta diferenza de velocidades tradúcese nunha diferenza de presións (ver principio de Bernoulli) xerando así as forzas de sustentación grazas á superficie alar.

Dentro dos aerodinos distinguimos dúas clases: de á fixa ou de á xiratoria.

Aerodinos de á fixa miniatura|Breve esquema das forzas que aparecen no voo dun avión Son os da familia dos avións. As ás van fixas ó fuselaxe, polo que a velocidade relativa con respecto do aire que precisan para sustentarse é acadada por toda a aeronave no seu conxunto. É dicir, as ás non posúen movemento propio. De todos xeitos nesta categoría tamén se inclúen as ás de xeometría variábel, coma as do F-14 Tomcat. Estas ás están deseñadas para acadar unha mellor adaptación tanto ó rexímen subsónico coma ó supersónico.

Distinguimos varios tipos: aeroplanos, planadores, ás deltas, parapentes, paramotores e ultralixeiros.

Aeroplano

Son os chamados avións. Está composto por ás unidas a un fuselaxe con capacidade para albergar persoas, carga ou sistemas (caso dos avións espías non tripulados). Levan unha ou máis plantas propulsoras para conseguir o movemento relativo co aire.

En función do número de ás distinguimos entre: Monoplanos: a configuración máis estendida hoxe en día. É a óptima. Biplanos: usados amplamente nos comezos da aeronáutica. Utilizaban dúas ás unidas para aumentar a resistencia á flexión producida polas cargas aerodinámicas. Triplanos: o seu uso foi moi reducido. Esta configuración baseábase no erróneo principio de cantas máis ás mellor sustentación.

Planador

Tamén chamados veleros. Son similares ós aeroplanos pero coa diferenza de que non posúen motor. Utilizan a resultante das forzas aerodinámicas para os seus movementos. Nas ascensións han de nutrirse ou ben de correntes térmicas (correntes ascendentes de aire) ou ben doutra aeronave que o remolque ata unha altura determinada. Mediante o peso e o cabeceo controlan a súa velocidade.

Á delta

miniatura|Voo en á delta Aerodinos compostos por unha grande superficie de tela suxeita mediante unha estrutura lixeira no centro da cal vai suspendido o piloto. Ó igual cós planadores non posúen motor e utilizan as correntes de aire ascendentes para o seu funcionamento.

Parapente

Aerodinos formados por unha ampla superficie de tela sen partes ríxidas (similar a un paracaídas) e un asento para o piloto, situado debaixo da tela e unido a esta mediante cordas e arneses. Non posúen motor. miniatura|Voo en parapente

Paramotor É un parapente ó que se lle incorpora un motor na parte traseira do asento do piloto.

Ultralixeiro

Tamén coñecidos coma ultraliviáns. Son aerodinos lixeiros e económicos con prazas para unha ou dúas persoas. O seu obxectivo son os voos de lecer ou recreativos.

Aerodinos de á xiratoria

miniatura|Esquema de forzas dun helicóptero en voo a punto fixo

Son os da familia do helicóptero. Nesta clase de aerodinos, as ás non se manteñen fixas ó fuselaxe, senón que posúen movemento propio. Son os chamados rotores, compostos por un certo número de ás de gran lonxitude pero moi pouca corda (as denominadas pás) unidas a un eixo central. Este eixo central permite un movemento circular para dar orixe ás forzas de sustentación.

Distinguimos varios tipos: autoxiros, xirodinos, helicópteros, combinados e convertíbeis.

Autoxiro

Caracterízanse por posuír só un motor frontal que xera forzas de pulo e un rotor principal, sen motor, que se nutre da velocidade horizontal para xirar de xeito pasivo e producir así a sustentación. Non poden voar a punto fixo pero as velocidades mínimas son moi reducidas. Foi inventado por Juan de la Cierva no 1920.

Xirodino

Son aerodinos de ás xiratorias similares ós helicópteros pero coa diferenza de que levan dúas plantas de propulsión: a frontal para as forzas de pulo e a do rotor principal, que proporciona a sustentación. Esta configuración permítelle as virtudes do helicóptero pero cunha maior velocidade de avance. miniatura|Autoxiro de Juan de la Cierva.

Helicóptero

Son os aerodinos de á móbil máis utilizados hoxe en día. A súa principal característica é a presenza dunha soa planta propulsora aplicada no rotor. Este rotor pode variar o paso (inclinación sobre o plano lonxitudinal) das súas pás para dirixir a aeronave e producir sustentación. Posúe a capacidade do voo a punto fixo o que o fai moi útil en diversas tarefas, como extinción de inendios, rescate, aterraxe en heliportos no medio da cidade...

Combinado

É un tipo especial de aerodino. Pode ser considerado coma metade autoxiro e metade xirodino. Na engalaxe funciona coma un xirodino mais no avance horizontal coma un autoxiro. Pode levar elementos de axuda á sustentación (como pequenas ás fixas) e ó avance.

Convertible miniatura|V-22 Osprey, convertible do exército estadounidense

Son aerodinos de ás xiratorias na que os rotores poden variar a súa inclinación respecto da fuselaxe ata 90º. Deste xeito os rotores permiten o seu uso en modo helicóptero ou en modo avión, utilizando ás fixas.

Véxase tamén Outros artigos Aeronave Aeronáutica Aviación Irmáns Wright Juan de la Cierva

Ligazóns externas Aeropuertos Españoles y Navegación Aeréa (AENA) - Tipos de aeronaves

Categoría:Aviación