Soños eléctricos é unha novela fantástica de Ramón Caride Ogando publicada en 1992. Ese mesmo ano foi gañadora do Premio Blanco Amor de narrativa.
Trama A acción ten lugar nun espazo futuro. A Terra está estragada e desertificada. A sociedade vive en cidades baixo unha gran cúpula, cunha biodiversidade e un clima feita á medida. Estas cidades, que conforman unha Confederación, están organizadas socialmente en niveis horizontais. Cara a arriba están a administración e a investigación, a cara a abaixo están as clases que desempeñan oficios socialmente peor vistos.
A reprodución, agás entre os militares, non se leva a cabo de forma natural, senón de modo asistido ou por clonación, e é moi difícil ascender de Nivel (aínda que se pode descender por propia vontade).
Xandor F. é un asasino profesional. Esta recluído porque queren investigar a súa relación cun músico, Stevo. Xandor vai falando da súa vida, do seu status social, e da vida na cidade Alfa en xeral.
Posteriormente dá paso a falar de Stevo. Coñeceuno nun salón de lecer nunha noite, e falaron ben pouco.
Pero o que os investigadores queren, a partir da tecnoloxía desenvolvida, é clonar a Stevo a partir dos recordos de Xandor F. O científico que está con Xandor relata como foi a desaparición da humanidade, nunha viaxe espacial, e como é a actual vida social.
Finalmente fala da historia de Stevo e de Lumia, dous fillos de militares. Stevo é músico, algo moi estraño na cidade. Ten un grupo musical xunto cun investigador, un salvaxe (procedente do exterior da cidade) e un traballador dun salón de lecer. Teñen un grupo totalmente innovador, capaz de crear no público uns sentimentos que preocupan á administración.
Stevo e Lumia, a súa moza, exílianse e marchan da cidade. Fóra dela contactan cun grupo de homes que sobreviven no deserto. Teñen unha clase social moi ben definida, e usan a telepatía para comunicárense.
Lumia non é quen de aguantar a nova vida, e suicídase bebendo choiva ácida. A Stevo cústalle asumilo, pero tras pasar dous meses illado do grupo, asume o papel de xefe do mesmo, ao que estaba predestinado.
Narración A narración está feita en terceira persoa por un narrador omnisciente. Non é unha narración lineal, senón que ten numerosas analepses e prolepses.
Traducións Ao castelán por Xosé Miguel Suárez Fernández co título de Sueños eléctricos publicado en 1994 por Editora del NorteFicha en BiTraGa.. Ao asturiano por Xosé Miguel Suárez Fernández co título de Suaños eléctricos publicado en 1994 por Editora del Norte. Col. Contemporáneos de narrativaFicha en BiTraGa..
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Ficha na web de Xerais
Categoría:Obras literarias de 1992 Categoría:Novelas en galego Categoría:Obras gañadoras do Premio Blanco Amor Categoría:Edicións Xerais de Galicia