Na mitoloxía grega, Leto (en grego antigo Λητώ Lêtố, en dórico Lato, "a agochada") é unha filla dos titáns Ceo e FebeHesíodo na Teogonía 404, Apolodoro 1.9, Diodoro Sículo 5.67.1, e prefacio das Fábulas de Hixino. Só se nomea a Ceo no Himno homérico a Apolo III 61, o Canto das procesións en Delos de Píndaro, o fragmento 44A de Safo de Lesbos, o Himno a Delos de Calímaco 150, o Himno órfico 35, Ovidio nas súas Metamorfoses 6.186 e as Fábulas de Hixino 140. e, no panteón olímpico, nai con Zeus dos xemelgos Apolo e Artemisa.Hesíodo na Teogonía 918 e Os Traballos e os días 770; Homero, na Ilíada 1.9 e 21.495 e na Odisea 6.100 e 11.318; Himno homérico a Artemisa 27; Píndaro na Oda nemea 6 e 8 e no Canto das procesións en Delos; Esquilo en Euménides 323; Himno órfico 35; Himno a Artemisa e Himno a Delos de Calímaco; Apolodoro 1.21 e 3.46; Pausanias 8.9.1 e 8.53.1; Fábulas de Hixino 9 e 140. Na mitoloxía romana o seu equivalente, como nai de Apolo e Diana, é Latona. Coa súa irmá Asteria, foi louvada coma deusa da noite e alternativamente da luz do día.

Adoración En Creta, na cidade de Dreros, o arqueólogo grego Spyridon Marinatos escavou en 1935 un templo de fogarPerseus Dixital Library. Site Catalog Name: Dreros (en inglés). ? Sitio consultado o 17 de agosto de 2009.González Serrano, Pilar (2000): Historia Universal da arte. Volume 2: Grecia e Roma. ? Espasa Calpe, Madrid, 2000, p. 33. ISBN 84-239-6156-7 do século VIII a. C. no que achou tres figuras de culto da tríade apolínea: Apolo, Artemisa e Leto.Johnston, Alan: Grecia emerxente. Volume I. ? Folio, Barcelona, 1996, p. 42. ISBN 84-413-0246-4Troso, Cristina (2004): «Heraklion» e «Dreros», en Maggi, Stefano e Troso, Cristina: Guías de arte e viaxes: Os tesouros de Grecia. ? Libsa, Madrid, 2006, pp. 565 e 579. ISBN 84-662-1336-8 A figura de Leto foi realizada no estilo orientalizante cedo de finais do século VIII a. C.Boardman, John (2006): «Sources and Models» en Palagia, Olga (ed.): Greek sculpture. Function, Materials, and Techniques in the Archaic and Classical Periods. ? Cambridge University Press, 2006, pp. 2-3. ISBN 0-521-77267-2 (ou ben cara ao 650 a. C.), usando a técnica do sphyrelaton: martelando láminas de bronce sobre un núcleo de madeira que lles daba forma. Ten 40 ou 45 cm, e posúe un corpo e vestido de estilo xeométrico que anticipa xa o estilo dedálico. Actualmente atópase exposta no Museo Arqueolóxico de Heraklion, na vitrina 20 da sala 19. Walter Burkert sinala (en Relixión grega) que en Festos aparece vencellada cun rito de iniciación.

Leto era a deusa principal de Licia (Anatolia). O seu santuario, o Letoon preto de Xanto, unía a confederación licia de cidades-estado. A xente de Cos tamén reclamaba a Leto como súa.

Unha medida dunha deusa Leto tan primordial pode recoñecerse no seu pai titán, cuxo nome Ceo» vencéllao coa esfera do ceo de polo a polo, e a súa nai Hebe, que é precisamente o epíteto "puro" e "purificador" da lúa chea.

Nacemento de Artemisa e Apolo

Zeus tentou violar á súa irmá Asteria, que fuxiu transformándose en paspallás, guindándose ao mar e converténdose na illa flotante de Ortiguia, coñecida despois como Delos.

Hera persegue a Leto e logra que ningún lugar a acolla para o parto agás a illa Ortiguia, que se atopaba baleira. Trata de impedir o parto prohibindo á súa filla Ilitía, deusa dos partos, que a atenda, e cando Leto xa ten un atraso de 9 días os deuses conmóvense das súas dores e fan que naza primeiro Artemisa e que esta axude á súa nai no nacemento de Apolo.

A illa Ortiguia queda fixada ao fondo con 4 columnas e muda o seu nome polo de Delos, que significa rechamante, en relación con Apolo, deus da luz.

Hera conseguiu que Xea crease á serpe Pitón para que devorase ao neno, mais Apolo convértese en mozo en só 4 días e mata a Pitón. Así, aprópiase do Oráculo de Delfos, que vixiaba a serpe.

Na persecución de Hera, Leto e mailos seus fillos chegan a un estanque e cando vai darlles de beber, uns campesiños, instigados por Hera, removen a auga converténdoa en lama e Zeus castígaos converténdoos en ras.

Apolo e Artemisa foron grandes protectores da súa nai e mataron o xigante Ticio por tentar violala.

Tamén a defenderon das esmorgas de Níobe, dona de Anfión, co que tivo 7 fillos homes e 7 femias, e que se escarniou de Leto por escasa descendencia, sendo castigada a ver morrer todos os seus fillos polas frechas de Apolo e Artemisa, salvándose só Cloris.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Titáns.

Categoría:Deusas gregas Categoría:Deuses anatólicos