O gurgullo do eucalipto, tamén denominado defoliador do eucalipto (Gonipterus scutellatus), é un pequeno insecto coleóptero orixinario de Australia, que se alimenta das follas e gromos novos do eucalipto provocando fortes danos nas plantacións desta especie forestal. Está presente en Galicia desde 1991.
Taxonomía Orde Coleoptera Suborde Polyphaga Infraorde Cucujiformia Superfamilia Curculionoidea Familia Curculionidae
Descrición O adulto presenta un corpo de forma elipsoidal, duns 7–9 mm de lonxitude por 4–5 mm de ancho; os machos son máis pequenos cás femias. O corpo está cuberto de escamas finas e curtas de cor marrón laranxa; toma unha cor castaña escura cando alcanza a madureza. Na cabeza destaca unha prolongación dianteira, chamada rostro, que é característica dos curculiónidos; este rostro presenta no extremo os órganos bucais. O aparato bucal é mastigador: o gurgullo traba os bordos das follas e vainos comendo, co que as follas adquiren un bordo lobulado; tamén comen nos gromos da planta.
As antenas teñen sete artellos ou segmentos, o último ancheado en forma de maza oval. Os élitros Primeiro par de alas endurecido e que, en repouso, prégase sobre o corpo, protexendo o segundo par de alas, membranosas e funcionais, fenómeno característico da orde dos coleópteros. mostran unhas liñas lonxitudinais de pequenos tubérculos e unha banda transversal de cor máis escura có resto.
As patas, robustas, están dentadas na cara interna das tibias.
Ciclo biolóxico Como tódolos coleópteros, estes gurgullos son holometábolos, é dicir, mostran metamorfose completa, que atravesa as fases de ovo, larva, ninfa (ou pupa) e adulto (ou imago). En condicións normais, pode presentar dous ciclos dentro do ano, excepcionalmente tres En Chile pode presentar ata 3-4 ciclos anuais..
As femias depositan os ovos sobre as follas máis novas da árbore, especialmente sobre a cara superior. Son de forma subcilíndrica, cos polos arredondados, de cor amarelenta. Miden sobre 1 mm de lonxitude e 0,5 mm de diámetro e son depositados en paquetes ou ootecas formados por entre 5 e 12 ovos cada unha. A ooteca, de 5–7 mm de lonxitude, está protexida por unha capa de excrementos e outras materias orgánicas, de cor marrón ou negra.
A fase larval atravesa catro fases sucesivas, L1 a L4, desde os 1,5 mm ata chegar ós 15 mm de lonxitude. As larvas, de cor amarela clara nun principio L1 e L2), van tomando unha cor máis intensa segundo medran (L3 e L4). Son glabras (sen pelos), ápodas (sen patas), arqueadas e aplanadas ventralmente. A cabeza é moura e no corpo mostran dúas bandas en posición latero-dorsal que percorren o corpo, de cor verde escura, máis patentes segundo madurecen. Na cara dorsal aprécianse numerosos puntiños pardos ou negros.
Aliméntanse das follas adultas formando uns sucos característicos no limbo das follas, a modo de camiños ou galerías, e, cando alcanzan a madureza, déixanse caer ó chan.
A larva muda a ninfa ou pupa baixo terra, tras enterrarse activamente e sen protexerse nun casulo. A pupa mide uns 8 mm de lonxitude e é de cor branca translúcida, pero ás 24 horas comeza a tomar cor marrón desde as patas ata a totalidade do corpo.
Distribución O Gonipterus procede do sueste de Australia, berce do propio eucalipto, onde se mantén controlado grazas á presenza dos seus predadores naturais. Pero estes son descoñecidos noutras áreas xeográficas a onde se foi expandindo o eucalipto polo seu rendible aproveitamento, polo que a difusión do gurgullo non atopou límites. Así, xa se detectaron efectos prexudiciais sobre as plantacións de eucaliptos en Suráfrica e Madagascar desde 1916, primeira localización coñecida fóra da zona de orixe. O insecto foi colonizando outros territorios a razón duns 100 km/ano ata estenderse en 30 anos á metade sur do continente africano. Cara a 1925 detectouse na Arxentina, protagonizando outro caso de rápida expansión que alcanza Uruguai en 1943, Brasil en 1955 e Chile en 1997; en 1995 localízase en California.
Chega a Europa en 1976, localizándose na Riviera italiana nese ano e en Francia en 1979.
En Galicia foi descuberto nos arredores de Lourizán en 1991 J. P. Mansilla; "Presencia sobre Eucalyptus globulus Labill de Gonipterus scutellatus Gyll. (Col. Curculionidae) en Galicia", en Boletín de Sanidad Animal 18, 1992., estendéndose rapidamente por toda a Comunidade así como a Asturias (1997) e Portugal (1997); tamén existen xa casos en Estremadura. En 1993 estaba presente nas zonas de monte centrais da provincia de Pontevedra; en 1994 e 1995 afectaba case toda a provincia e comezaba a expandirse cara a Coruña e Ourense e en 2000 podíase atopar en toda Pontevedra, case toda A Coruña e amplas zonas de Lugo, quedando só libres a metade oriental de Lugo e Ourense.
Efectos sobre o eucalipto miniatura|250px|Follas de eucalipto novas (á dereita, aovadas) e adultas (á esquerda, falciformes) O gurgullo do eucalipto aliméntase exclusivamente desta árbore, provocando danos nas follas tanto no seu estado larval como adulto. As larvas L1 e L2 aliméntanse da epiderme da folla pero as larvas L3 e L4 comen da totalidade do limbo, dos gromos e pólas novas. Con se-lo efecto das larvas o máis agresivo contra a árbore, tamén os adultos comen, coma xa se dixo, nas follas, preferiblemente das máis novas pero tamén nas follas adultas e coriáceas.
Como consecuencia da súa acción defoliante, o crecemento da árbore vese ralentizado e a produción de madeira diminúe. De por parte, a madeira toma unha consistencia máis dura, o que dificulta o seu posterior aproveitamento industrial.
Afecta con maior gravidade o Eucalyptus globulus (a especie de eucalipto máis común en Galicia) aínda que tamén, con menor intensidade, a outras especies, como o E. nitens. Resultan especialmente afectadas as plantacións de entre 3 e 5 anos de idade.
Os efectos do gurgullo móstranse especialmente no terzo superior da árbore, estimándose cinco graos de afectación: no grao 0 a defoliación afecta ó 0-10% dese terzo superior; no grao 1, o 10-30%; no grao 2, o 30-60%; no grao 3, o 60-90% e no grao 4, máis do 90%. Un estudo realizado en 1999 pola Estación Fitopatolóxica do Areeiro R. Pérez e outros: Evaluación de daños causados por 'Gonipterus scutellatus' en Galicia . nos eucalipais da Coruña, Lugo e Pontevedra concluíu que o 64% das parcelas de Pontevedra, o 60% da Coruña e o 55% de Lugo estaban afectadas pola praga. O grao medio de defoliación era de 0, pero en Pontevedra o nivel medio era de 1 e, en 6 das 66 parcelas estudadas, ata de 2; na Coruña e Lugo, o 25% das parcelas alcanzaban o grao 1 e o 10% o grao 2; en Lugo, outro 10% chegaba a presentar un grao 3.
Outro estudo realizado en 2002 comprobou que o 61% dos eucaliptais estaba exento da praga, que o 29% sufría unha defoliación lixeira, o 9% unha deforestación moderada e só no 1% podía cualificarse de grave La Voz de Galicia, 6.04.2003..
Loita contra a praga O único predador natural do gurgullo do eucalipto está representado por unha pequena avespa tamén natural de Australia, Anaphes nitens, que actúa como parasitoide específico do gurgullo Denomínase parasitoide a un tipo de especie predadora específica, que depende totalmente da especie parasitada, á que acaba sempre matando. Adoitan pertencer ás ordes dos himenópteros e dípteros.. Trátase dunha especie de avespa que pon os seus ovos nas ootecas deste, de modo que as larvas que nacen dos ovos da avespa se alimentan do embrión do gurgullo. Aproveitando esta especificidade parasitaria, a avespa foi aproveitada desde 1923 para establecer unha loita biolóxica contra a praga Suráfrica foi o primeiro país no que se probou este sistema, conseguindo que, en decembro de 1930, o 77-98% das postas de ovos do gorgullo estivesen parasitadas., e en Galicia vense sementando nos eucaliptais con notable éxito. As primeiras probas, en áreas concretas e restrinxidas, fixéronse en 1994 e non foi ata 1999 cando o método se aplicou a toda a superficie afectada polo gurgullo. O método consiste en pendurar nos eucaliptos bolsiñas contendo as ootecas parasitadas. Ó eclosiona-las avespas, saen da bolsa e disemínanse no medio.
O obxectivo deste control biolóxico non é tanto a eliminación da praga como mante-la densidade das larvas por baixo dun límite "admisible" Ó tratarse dun control biolóxico, a eliminación total do gurgullo é imposible xa que implicaría a desaparición do parasitoide. En termos de relacións interespecíficas, cando o predador aumenta moito e diminúe a vítima, a poboación daquel decrece por falta de alimento ata que o seu número é tan baixo que esta se recupera, alcanzándose así unha situación de equilibrio. De feito, as avespas parasitas existen en Australia desde tempos históricos sen que o gorgullo desapareza, aínda que, de feito, este é un insecto raro nese continente. Aínda así, é posible que a poboación do gorgullo chegue a niveis tan baixos que desapareza o parasitoide, de modo que cando aquel se recupere ó cabo do tempo xa non atope predadores..
A loita con fitosanitarios apuntouse como posible pero é menos eficaz, só aplicable en zonas nas que a presenza do gurgullo sexa importante e a concentración de larvas elevada e comporta riscos elevados para o ecosistemaA case of human poisoning with a flufenoxuron-containing insecticide. Authors: Jeong J; Yeom S; Ryu J; Han SK; Cho SJ; Kim J. Source: Clinical Toxicology 2010 Jan;48(1):87-9. A fatal case of flufenoxuron-containing insecticide poisoning complicated by lactic acidosis, shock, abdominal compartment syndrome. Choi SC, Park EJ, Min YG. Clin Toxicol (Phila). 2011 Nov;49(9):876-7. . Propuxéronse dous insecticidas e dous bioinsecticidas Flufenoxuron, etofenprox, azadiractina e Bacillus thuringiensis var. kurstaki., dos que só o flufenoxuron (prohibido) e o etofenprox conseguiron conter a poboación da praga, provocando a morte do 90-100 % de larvas e adultos nos estudos de laboratorio. Tamén se comprobou que provocaban ata un 97 % de mortalidade na Anaphes nitens (en estudos de laboratorio, ás 48 horas de entrar en contacto co insecticida), contradicindo a teoría inicial de que só actuaban contra o gurgullo sen afectar para nada á avespa (Santolamazza 2004). Actualmente o flusenoxuron está en fase de prohibición pola Unión EuropeaRegulamento de Execución(UE) N o 942/2011 da Comisión de 22 de setembro de 2011, polo que se establece a non aprobación da substancia activa flufenoxurón, de conformidade co Regulamento (CE) n o 1107/2009 do Parlamento Europeo e do Consello, relativo á comercialización de produtos fitosanitarios, e modificase a Decisión 2008/934/CE da Comisión.. O flufenoxuron é o produto activo de CascadeTM prohibido en base ás conclusións da Axencia Europea de Seguridade AlimentariaAxencia Europea de Seguridade Alimentaria; Conclusion on the peer review of the pesticide risk assessment of the active substance fluometuron, (Conclusión sobre a revisión por pares da avaliación do risco da utilización como praguicida da substancia activa flufenoxurón). The EFSA Journal 2011, 9(3):2088. [72 pp.] doi:10.2903/ j.efsa.2011.2088..
A Xunta de Galicia desenvolveu a partir de 2002 un Plan Estratéxico de Loita Integrada contra o 'Gonipterus''', baseado na distribución de ootecas parasitadas por ovos da avespa (en 2004, a Xunta informou que levaba repartidas 1,2 millóns de ootecas parasitadas desde 1997), na aplicación de tratamentos fitosanitarios en zonas fortemente afectadas e na concienciación dos propietarios forestais para unha mellor distribución das masas arbóreas, creando fracturas que dificulten a difusión da praga e escollendo mellor as áreas onde face-las plantacións de eucalipto. Aínda así, cando a densidade das larvas é demasiado elevada, a única solución pasa polo corte da superficie forestal afectada El gorgojo del eucalipto obliga a talar veinte hectáreas en O Morrazo, en La Voz de Galicia, 17.03.2008 ..