Juan de Sanclemente Torquemada, nado en Córdoba o 19 de agosto de 1534 e finado en Santiago de Compostela o 20 de abril de 1602, foi bispo da diocese de Ourense de 1578 a 1587 e arcebispo de Santiago de Compostela de 1587 a 1602."Episcopologio" Arquidiocese de Santiago de Compostela . Por medo as incursións piratas mandou agochar as reliquias do Apóstolo Santiago, que non serían atopadas de novo ata case tres séculos despois. Fundou o Colexio de San Clemente de Pasantes e o Colexio das Orfas e impulsou a demolición do coro pétreo do mestre Mateu para substituílo por outro de madeira.
Traxectoria De familia nobre, foi fillo de Juan de Sanclemente e de Catalina Torquemada. Estudou na Universidade de Alcalá e hospedouse na casa do seu parente Ambrosio de Morales. Estudou tamén en Sigüenza desde 1554 e Valladolid desde 1563. En 1569 era maxistral da catedral de Badaxoz, onde coñeceu a Felipe II e desde onde foi proposto para ocupar o bispado de Ourense en 1578.Episcopoloxía (historia episcopal da diocese) obispadodeourense.com. Antes de aceptar consultou con Luis de Granada, con Ambrosio de Morales e co daquela arcebispo de Santiago Francisco Blanco Salcedo. Nos anos de pontificado en Ourense hai constancia de que convocou oito sínodos, inda que puideron ser nove.
En 1587, o entón arcebispo Alonso Velázquez renunciou á sé compostelá por enfermidade e propuxo a Sanclemente para ocupar a vacante. Tomou posesión en outubro dese ano co nome de Xoán V. A heráldica persoal do prelado, presente en varios escudos de pedra conservados en varias fachadas da cidade, está composta por unha áncora (polo apelido Sanclemente), unha torre queimada (polo apelido materno Torquemada) e unha cruz potenzada (polo Colexio Maior Santa Cruz de Valladolid).
Entre as moitas obras que mandou realizar pódense citar a reparación da Muralla de Santiago de Compostela, a da ábsida da igrexa de Santa Susana e a urbanización da praza do Paraíso (actual praza da Fachada da Acibecharía). En 1589 ordenou esconder as reliquias da Catedral (entre as que se atopaban as do Apóstolo) e outros obxectos artísticos e vestidos litúrxicos, ante o temor ás incursións de piratas ingleses, especialmente de Francis Drake, que ameazara Compostela tras desembarcar na Coruña. Nese tempo a fame e a peste provocaron a morte de 6 000 persoas na contorna e o cabido escribiu unha carta na que acusaba ao arcebispo de non repercutir en Compostela as rendas e de nomear para os cargos do señorío a persoas foráneas e que ignoraban a lingua galega. As reliquias foron retiradas do seu lugar de culto e soterradas no solo da ábsida do templo ó lado da capela maior. Co tempo, perdeuse a memoria do lugar onde as agochou e non foron redescubertas ata xaneiro do ano 1879, durante as escavacións dirixidas por Antonio López Ferreiro, en tempos do cardeal Miguel Payá y Rico. miniatura|page=270|Gravado de Sanclemente na p. 264 do v. 10 da Historia de la Santa Apostólica y Metropolitana Iglesia de Santiago de Compostela de Antonio López Ferreiro. Renovou o rito do botafumeiro, para o que dispuxo facer obras na Catedral. O 24 de maio de 1602, o cabido acordou substituír as trabes das que penduraban as poleas por unha estrutura metálica, que foi construída en Biscaia, en 1604, baixo deseño de Juan Bautista Celma. A proposta do arcebispo Sanclemente especificaba:
En 1597 mercou ao cabido unha casa para fundar o Colexio das OrfasColexio plurilingüe Nuestra Señora de los Remedios (Santiago) e en 1602 fundou o Colexio de San Clemente de Pasantes, no Paseo da Ferradura, inda que as obras non chegaron a iniciarse en vida do prelado. Tamén nos últimos anos da súa vida conseguiu que o cabido catedralicio aprobase a demolición do coro pétreo do mestre Mateu construído en 1200 e a súa substitución por outro, tallado en madeira, que encargou ós escultores Xoán Davila e Gregorio Español. O coro do mestre Mateu foi desmontado entre 1603 e 1604.
Sanclemente foi inhumado xunto a rexa da capela maior da catedral, debaixo do púlpito do Evanxeo, e a súa sepultura cubriuse cunha lápida de bronce,Co epitafio en latín: Dominus Joannes de Sanclemente et Torquemada Cordubensis, genere clarus, Complutensis prius, Seguntinus denique et Pintianus collega; Pacensis canonicus, Auriensis Compostellanusque praesul. Obiit anno Salutis nostrae 1602 die 20 aprilis, aetatis suae 68. Clauditur hic alter Seneca, et dux inclitus alter Corduba quem genuit; vivit in arce Poli. Gloria Pontificum, Patriae laus, Fama Parentum Divitibus vigilans, Pauperibusque pater.Tradución ao galego: O Señor Xoán de Sanclemente e Torquemada, cordobés, ilustre pola súa liñaxe; primeiro colexial de Alcalá, despois de Sigüenza e, por último, de Valladolid; cóengo de Badaxoz, e prelado de Ourense e de Santiago de Compostela. Morreu no ano da nosa Salvación de 1602, o día 20 de abril, aos 68 anos da súa idade. Aquí xace outro Séneca, e outro ínclito caudillo que Córdoba engendrou; vive na fortaleza do ceo. Gloria dos Pontífices, loanza da Patria, fama dos Pais, vixiante para cos ricos, e pai para os pobres. reutilizada séculos máis tarde para confeccionar o baseamento sobre o que se colocou a urna de prata que guada os restos do apóstolo. Unha irmá de Sanclemente, María, está tamén inhumada na catedral, na capela de san Xoán (antes, de santa Susana).
Sucesión apostólica Sucesión apostólica: Juan de Sanclemente (1578) Francisco Blanco Salcedo (1556). Pedro de La Gasca (1551). Juan Tormo (1510).
Galería de imaxes
Notas
Referencias
Véxase tamén
Bibliografía
Outros artigos Premio Arcebispo Xoán de San Clemente As actas escuras Clemente I, papa
Ligazóns externas
Categoría:Bispos da diocese de Ourense Categoría:Arcebispos e bispos de Compostela - Iria Categoría:Nados en 1534 Categoría:Finados en 1602 Categoría:Nados en Córdoba