Unknown Pleasures é o nome do primeiro álbum da banda inglesa de post-punk Joy Division. O álbum foi gravado en abril de 1979 no Strawberry Studios, en Stockport.

En abril do ano 2016 a revista Rolling Stone colocouno no posto 34 da súa lista dos 40 mellores álbums de punk de todos os tempos, e en xullo dese mesmo ano a publicación dixital Paste situouno no 1 da súa lista dos 50 mellores álbums de postpunk.

Características A capa foi feita por Peter Saville e Chris Mathan, mais foi Bernard Sumner quen deu a idea de colocar a figura usada na capa, a morte dunha estrela captada por un medidor de pulsos. A figura da capa tamén está no selo do LP. Na contracapa do LP, consta a frase "Isto non é un concepto, é un enigma", sen conter a lista de cancións, senón unha táboa en branco onde esta debería estar.

Listaxe de cancións

Integrantes Ian Curtis – voz, guitarra en I Remember Nothing Bernard Sumner – guitarra, teclados Peter Hook – baixo, segunda voz en Interzone Stephen Morris – batería, percusión

Notas

Categoría:Álbums de Joy Division