Las Tunas é unha provincia do oriente de Cuba que ocupa o noveno posto en extensión con 6 587,75 quilómetros cadrados, representando o 6,0 por cento da superficie total do país. Posuía o 4,8 por cento da poboación cubana con 534 279 habitantes, cunha densidade de 81,1 habitantes por quilómetro cadrado. A cidade de Las Tunas é a súa capital e o núcleo urbano máis poboado. É tamén unha das provincias máis recentes, creada no 1975, conformándose con territorios pertencentes ás antigas provincias de Camagüey e Oriente.
Limita polo norte coa provincia de Camagüey e o océano Atlántico, polo leste coas provincia de Holguín, polo sur coa provincia de Granma e o golfo de Guacanayabo e polo oeste coa provincia de Camagüey outra vez.
Las Tunas