Narón TV foi unha canle de televisión galega, a primeira de ámbito local en emitir con normalidade. A súa programación estaba orientada á vila de Narón e á comarca de Ferrolterra e era emitida pola canle 28 de UHF. Historia Foi creada en xaneiro de 1988 por Fernando Masafret, profesional audiovisual que traballaba para a empresa Retina, aínda que xa en setembro de 1988 se formalizaría a súa relación co Concello de Narón converténdoa nunha empresa mixta, que mesturaba capital privado e investimento público. Narón TV existiu como tal até o ano 1992, no que se convertería en Canal 4 de Ferrol, empresa que á súa vez pasaría a chamarse Ferrolvisión Canal 29 para anos máis tarde acabar integrada na rede de emisoras locais Localia como Localia-Ferrol.
Notas
Categoría:Televisións locais de Galicia
Categoría:Narón