miniatura|Lapa de Gargantáns
Un menhir é un monumento prehistórico, megalítico, que se limita a unha gran pedra ergueita plantada no chan.
Características É un monumento de pedra alto, vertical. Os menhires pódense encontrar illados ou en grupos. Teñen unha distribución xeográfica ampla. Así, por exemplo poden atoparse en América, Europa, Asia, e África, e pertencen a diversos períodos da Historia. A maioría dos exemplos europeos foron erixidos na última idade de bronce neolítica.
miniatura|Marco da Pena Verde, límite dos concellos de Ribadeo, Trabada e Barreiros As súas funcións son variadas, dende marcar os límites territoriais dun pobo até serviren como centro de cerimonias relixiosas, especialmente funerarias. Os máis modernos teñen inscricións sacras e invocacións a divindades, por iso o cristianismo rebaixou a altura dalgunhas pedras e coroounas cunha cruz, converténdose en lugares de culto cristiáns.
Tipos de menhires Menhires illados Menhires en liña Menhires agrupados ou Crómlech Crómlech en círculo simple Crómlech en círculo dobre Crómlech en rectángulo Crómlech en elipse
Galería de imaxes
Véxase tamén
Outros artigos Megalitismo Megalitismo en Galicia Dolmen Crómlech
Pedra Alta de Antela
Ligazóns externas Círculos líticos e pedrafitas de Galicia Catalogación de pedrafitas de Galicia Megalitos da Península Ibérica
Categoría:Menhires