O monte Xalo é unha das zonas máis elevadas do litoral coruñés, cunha altitude de 514 metros sobre o nivel do mar.
Localización miniatura|esquerda|150px|Neve no monte Xalo. O Xalo é un aranguelo que se estende tres quilómetros en sentido leste-oeste, dende Carral ata A Laracha, polo límite entre os concellos de Culleredo e Cerceda. Está aliñado coas chamadas mesetas de Santa Comba e de Tordoia —das que queda ao nordeste— e a súa vertente setentrional configúrase como un chanzo que salva o desnivel coas Mariñas da Coruña. Precisamente, dende O Petón —unhas rochas no máis alto do monte— pódese gozar dunha panorámica da comarca e albiscar lugares como a central elécrica de Sabón, o porto exterior da Coruña, o aeroporto de Alvedro ou a Torre de Hércules, alén de todo o val de Veiga, que está ao pé.
Deporte No monte hai varias rotas de sendeirismo sinalizadas. As pistas forestais empréganse para deportes como ciclismo de montaña e carreiras. No alto do Petón as rochas están equipadas para a práctica de escalada.
Arqueoloxía miniatura|dereita|Medoña do Chan de Castelo no Monte Xalo, Culleredo. En 1950 o arqueólogo Luís Monteagudo atopou varias mámoas de gran tamaño, que foron destruídas ao longo dos anos posteriores, e en 1973 outras máis pequenas que aínda se conservan. Entre elas, coñécense as seguintes:
Mámoa do Petón Medoña do Chan do Castelo Mámoa do rego da Uceira
Aproveitamento do monte Ademais do aproveitamento forestal que se está a a facer do monte, polas inmediacións do Xalo pasa un oleoduto cara a Cerceda e liñas eléctricas de alta tensión da subestación eléctrica das Travesas. No cumio tamén hai instaladas antenas de radio, televisión, telefonía móbil e telecomunicacións en xeral.
Existiu un proxecto para instalar un parque eólico de dez muíños e 45 megawatts que sería o de maior potencia de Galicia. A proposta foi finalmente desbotada por Aena por comprometer a seguridade da aviación no aeroporto da Coruña.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Xalo (nome) Ligazóns externas Área recreativa do Monte Xalo en Turgalicia
Xalo Categoría:Culleredo Categoría:A Laracha Categoría:Cerceda Categoría:Carral