Carmen Prieto Rouco, nada en Vilalba o 13 de xaneiro de 1901 e finada na mesma localidade o 11 de maio de 1977, foi unha poeta e dramaturga galega. miniatura|Placa e casa da escritora na rúa Porta de Cima, de Vilalba Traxectoria Epígono de Rosalía de Castro, comezou a escribir moi nova. Algúns poemas publicados en Horas de frebe datan de cando tiña trece anos.Arturo Casas Público e empresas editoras na poesía galega entre a fundación das Irmandades da Fala e a Guerra Civil en Homenaje a Benito Varela Jácome. USC, 2001, páxina 109. A súa poesía, costumista e dun lirismo subxectivo, céntrase no mundo rural, frecuentemente cun ton anticaciquil. Formalmente, os seus versos amosan defectos no ritmo e o seu galego é algo forzado.Germán Bleiberg, Maureen Ihrie e Janet Pérez Dictionary of the literature of the Iberian Peninsula, Volume 2. Greenwood Publishing Group, 1993, páxina 1314 Colaborou en Ideal Gallego, e moitos dos seus poemas apareceron en Faro Villalbés. Está considerada unha das precursoras da escrita teatral galega canda Herminia Fariña.Carmen Blanco Literatura galega da muller. Xerais, 1991, pp. 328-333

De ideoloxía católica conservadora, durante a Guerra Civil Española cantou as glorias de Francisco Franco.Xoán Pastor Rodríguez Santamaría Penélopes de tinta: as mulleres na poesía galega. Da guerra civil á palabra no tempo Barbantia. Anuario de Estudos do Barbanza 3, 2007 Deixou de publicar en galego ata 1956, cando editou o poemario bilingüe Lluvia menuda.

Obra Poemarios Horas de frebe (1926) Lluvia menuda (1956, bilingüe) A virxe viuda. Hestoria dun amor (1964) O derradeiro (1977, póstumo)

Obra teatral A loita (1923, monólogo anticaciquil e de propaganda das Irmandades da Fala) O lexionareo (1925, monólogo patriota español con motivo da guerra de África) O embargo (traxedia) Treidores celos (zarzuela) A boda do afillado (monólogo) O secreto da bruxa (sainete)

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Dramaturgos en lingua galega Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Nados en Vilalba Categoría:Nados en 1901 Categoría:Finados en 1977 Categoría:Poetas en lingua galega Categoría:Poetas en lingua castelá