Corey Antoine Maggette, nado o 12 de novembro de 1979 en Melrose Park, Illinois, é un xogador profesional de baloncesto que actualmente é axente libre e xoga na posición de aleiro.
Traxectoria Universidade Procedente do Insituto Fenwick en Oak Park, Illinois, Maggette asistiu á Universidade de Duke, onde estivo unha tempada na que fixo 10,6 puntos e 3,9 rebotes por partido. Esa tempada, os Blue Devils chegaron á final da NCAA liderados por Elton Brand, actual compañeiro de equipo de Maggette, aínda que perderon ante UConn Huskies.
NBA Maggette foi seleccionado na posición 13ª polos Seattle SuperSonics no Draft da NBA de 1999, sendo inmediatamente traspasado a Orlando Magic. Nos Magic só pasou unha tempada, facendo 8,4 puntos e 3,9 rebotes por partido, antes de fichar por Los Angeles Clippers, o seu actual equipo.
Nos Clippers converteuse nun xogador moi respectado na liga, chegando a superar os 20 puntos de media en dúas tempadas consecutivas e liderando ao seu equipo en varios apartados estatísticos. A súa mellor campaña foi a de 2004-05, na que tivo unha media de 22,2 puntos, 6 rebotes e 3,4 asistencias en 36,9 minutos de xogo. Coñecido polas súas excelentes condicións atléticas e o seu excelente salto, participou no concurso de mates de 2001. O 10 de xullo de 2008 fichou polos Golden State Warriors coma axente libre. O 22 de xuño de 2010, Maggette foi traspasado aos Milwaukee Bucks a cambio de Charlie Bell e Dan Gadzuric.
O 26 de xuño de 2012, Maggette foi traspasado aos Detroit Pistons a cambio de Ben Gordon e unha futura elección de primeira rolda do Draft.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web oficial Correy Maggette Online Website Perfil en nba.com Fotos de Corey Maggette Estatísticas de Corey Maggette
Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Seattle SuperSonics Categoría:Xogadores dos Orlando Magic Categoría:Xogadores dos Los Angeles Clippers Categoría:Xogadores dos Golden State Warriors Categoría:Xogadores dos Milwaukee Bucks Categoría:Xogadores dos Charlotte Bobcats Categoría:Xogadores dos Detroit Pistons Categoría:Alas de baloncesto