Psámate, (ou en grego Ψαμάθη), tamén coñecido coma Neptuno X, é un satélite irregular de Neptuno con movemento retrógrado. Esta lúa foi descuberta por Scott S. Sheppard e David C. Jewitt no 2003 usando un telescopio Subaru de 8,2 metros. Psámate recibiría o nome dunha das Nereidas. Antes do anuncio do seu nome oficial o 3 de febreiro do 2007 (IAUC 8802), recibiu a designación provisional de S/2003 N 1. .

Esta lúa ten de diámetro ó redor de 38 km. Orbita Neptuno unha distancia de 46.695.000 kms e lévalle 25 anos terrestres facer unha órbita. A órbita deste satélite está moi próxima á separación (mínima) teórica estable con Neptuno para un corpo cunha órbita retrógrada. Dada as semellanzas entre os parámetros orbitais de Psámate e Neso (S/2002 N 4), foi suxerido que ambos satélites podían ter unha orixe en común na escisión dunha lúa de maior tamaño. Ambas lúas son as lúas máis afastadas respecto do seu planeta nai dentro do Sistema Solar.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Neptuno

Ligazóns externas Neptune's Known Satellites (by Scott S. Sheppard) S/2003 N1 Neptune Satellite Movie Images (image) Ephemeris IAU-NSES Mean orbital parameters (NASA) IAUC 8193

Categoría:Lúas de Neptuno