Svante August Arrhenius, nado en Wijk en 1859 e finado en Estocolmo en 1927, foi un químico sueco, Premio Nobel de Química en 1903.
Traxectoria Formulou a teoría da disociación electrolítica, que se converteu nun dos alicerces da química física e a electroquímica actuais, e unha cosmogonía para explicar a mecánica da evolución dos astros.
Estudou na escola da catedral de Uppsala e logo na universidade desa cidade ata que pasou á de Estocolmo, onde deu clases entre 1891 e 1904. Dende 1904 dirixiu o Instituto Nobel de Química e Física ata 1927.
Véxase tamén
Ligazóns externas Páxina web do Instituto Nobel, Premio Nobel de Química 1903 (en inglés) Biografía na páxina do Instituto Nobel 1903 Perfil de Svante Arrhenius en NNDB
Categoría:Premio Nobel de Química Categoría:Químicos de Suecia Categoría:Medalla Davy Categoría:Nados no condado de Uppsala Categoría:Nados en 1859 Categoría:Finados en 1927 Categoría:Premios Nobel de Suecia Categoría:Alumnos da Universidade de Uppsala Categoría:Alumnos da Universidade de Estocolmo