Takayama (高山市, たかやまし, Takayama-shi) é un concello da prefectura de Gifu no Xapón. Está situado no centro da rexión de Chūbu e ao norte da rexión de Tōkai, ao norte da prefectura, na zona da provincia histórica de Hida, no centro da illa de Honshū. A súa superficie é de 2.177,67 km², a poboación é de 93.762 habitantes (2009) e ten unha densidade de poboación de 43,1 h/km².

O concello de Takayama limita cos concellos de Hida, Shirakawa, Gujō, Gero (que son da prefectura de Gifu); de Kiso, Matsumoto, Ōmachi (que son da prefectura de Nagano); Toyama (que é da prefectura de Toyama); Hakusan (que é da prefectura de Ishikawa); e Ōno (este último é da prefectura de Fukui).

Cidades irmandadas Denver, Colorado, Estados Unidos (1960). Matsumoto, prefectura de Nagano, Xapón (1971).

Categoría:Rexión de Chūbu Categoría:Rexión de Tōkai Categoría:Concellos do Xapón