Bath Rugby é un club profesional de rugby, con sede na cidade inglesa de Bath, que compite na máxima categoría do rugby inglés, a Aviva Premiership. O club disputa os seus partidos como local no Recreation Ground.

Historia O club foi fundado no ano 1865, o que o converte nun dos clubs máis antigos que existen aínda hoxe. Durante as súas primeiras décadas adoitaba enfrontarse a clubs veciños, ou do próximo Gales. No século XX fixo as súas primeiras saídas a Francia para xogar fronte a clubs do país galo. Coa creación da primeira competición oficial en Inglaterra a comezos dos anos 70, a copa inglesa, hoxe chamada Anglo-Welsh Cup, Bath Rugby achou a súa oportunidade para estrear palmarés.

A época dourada do club comezou a mediados dos 80, cando Bath Rugby conquistou en 4 ocasións a Copa Inglesa entre os anos 1984 e 1987. Volveu gañar o torneo nos anos 1989, 1990, 1992, 1994, 1995 e 1996.

Cando se creou a competición de liga a finais dos 80, Bath Rugby rematou 4º na súa primeira edición, pero ó seguinte ano, en 1989, si obtivo o seu primeiro título de campión inglés de liga. En 1990 rematou 3º, pero despois encadeou 4 campionatos seguidos entre 1991 e 1994. En 1996 logrou o seu 6º título de liga.

A mediados dos anos 90 o mundo do rugby emprendeu o reto da profesionalización do deporte. En 1995 creouse en Europa un campionato europeo de clubs, a Heineken Cup, por iniciativa das federacións que participaban no torneo das 5 nacións. Bath Rugby conseguiu coroarse como campión de Europa no ano 1998, ó derrotar na final por 19 a 18 ó Brive francés, campión no ano anterior. Era o primeiro club inglés campión de Europa.

Por aquel entón o palmarés nacional e europeo de Bath Rugby lideraba a clasificación dos clubs ingleses. Na súas ringleiras había estrelas como Jeremy Guscott, Mike Catt, Andy Robinson ou Phil de Glanville entre outros, pero dende entón o club non volveu ser o club dominador que foi durante 15 anos nos anos 80 e 90.

Na tempada 2007/08, 10 anos despois do seu derradeiro título, Bath Rugby logrou gañar na final da European Challenge Cup, a segunda competición continental, derrotando ós Worcester Warriors por 24 a 16. Era a terceira final que disputaba nesa competición, perdendo nas 2 anteriores, fronte a London Wasps en 2003 e fronte a Clermont en 2007.

Bath Rugby xoga os seus partidos como local no pequeno estadio The Recreation Ground, coñecido como The Rec, en Bath, onde collen unhas 12 300 persoas. O estadio construíuse en 1894, e o club está pensando amplialo ou construír un novo estadio nas aforas da cidade onde se poidan sentar cando menos 20 000 seareiros.

Ademais dos xogadores antes nomeados, en Bath Rugby teñen xogado grandes estrelas do rugby como Iain Balshaw, Steve Borthwick, Mike Tindall, Jason Robinson, Ieuan Evans, Olly Barkley, Danny Grewcock e outros.

Palmarés Competicións nacionais CompeticiónTítulos201620152014201320121110 09 080706050403020100999897969594939291908988 Liga inglesa6 - 257854438941111132632121111314 CompeticiónTítulos20161514131211100908070605040302010099989796959493929190898887868584838281807978777675747372 Copa inglesa10 - F CCC C CC CCCC Na táboa da liga, o número indica a posición final ó remate da tempada regular. En vermello, ano no que foi campión. Na táboa da copa, o "C" en vermello indica o ano no que foi campión, e o "F" indica o ano no que foi finalista.

Competicións continentais CompeticiónTítulos2016151413121110 09 08070605040302010099989796 Copa de Campións Europea de Rugby 15px Copa de Europa - ¼ 1ggg¼ ½g ¼gg C¼ CompeticiónTítulos16151413121110 09 080706050403020100999897 20px European Rugby Challenge Cup 15px Challenge Cup 1 F¼C CF ½F C = Campión; F = Finalista; ½ = Semifinalista; ¼ = Cuartofinalista; g = Caeu na fase de grupos.

Tempada actual

Véxase tamén Outros artigos Aviva Premiership 2015-2016 Copa de Campións Europea de Rugby 2015-2016

Ligazóns externas Páxina oficial

Categoría:Equipos de rugby de Inglaterra