Un chacal é un membro de calquera de tresSerían catro, se se inclúe o lobo etíope. especies de mediano tamaño de depredadores do xénero Canis, que se atopan en África, Asia, e o sueste de Europa.Esta última área non é abranguida pola definición da RAE. Definición de la RAE Os chacais ocupan un nicho ecolóxico semellante ao dos coiotes en América do Norte. As tres especies son depredadores omnívoros de animais de talle mediano, como tamén preeiros de ser preciso. As patas longas e os cairos curvos están adaptados para a caza de pequenos mamíferos, aves e réptiles. As súas plantas grandes e os ósos longos das súas patas convértenos en corredores de longa distancia, sendo quen de manter velocidades de 16 km/h por extensos períodos de tempo. Están máis activos entre lusco e fusco.
Notas
Véxase tamén Bibliografía The New Encyclopedia of Mammals edited by David Macdonald, Oxford University Press, 2001; ISBN 0-19-850823-9 Cry of the Kalahari, by Mark and Delia Owens, Mariner Books, 1992. The Velvet Claw: A Natural History of the Carnivores, by David MacDonald, BBC Books, 1992. Foxes, Wolves, and Wild Dogs of the World, by David Alderton, Facts on File, 2004.
Categoría:Cánidos Categoría:Taxons descritos por Linné