Soo (曽於市, そおし, Soo-shi) é un concello da prefectura de Kagoshima no Xapón. Está situado ó sur da rexión de Kyūshū e ó leste da prefectura, na zona da provincia histórica de Ōsumi, na illa de Kyūshū. A súa superficie é de 390,39 km², a poboación é de 32.849 habitantes (2021) e ten unha densidade de poboación de 84,2 h/km².
O concello de Soo limita cos concellos de Kirishima, Kanoya, Ōsaki, Shibushi (que son da prefectura de Kagoshima); e Miyakonojō (este último é da prefectura de Miyazaki).
Xeografía Soo sitúase no nordeste da prefectura de Kagoshima e da península de Ōsumi, e unha das poucas cidades da prefectura que non ten costa. Chove, pero apenas neva; mais recibe cinsa de volcáns como Shinmoedake o Sakurajima. miniatura|300x300px|Fervenza Kirihara
Concellos lindeiros Prefectura de Kagoshima
Kanoya Kirishima Shibushi Ōsaki
Prefectura de Miyazaki
Miyakonojō
Clima Soo ten un clima subtropical húmido (Cfa) caracterizado por veráns cálidos, invernos suaves con case ningunha neve.
Demografía Soo é unha das pequenas cidades que sofren de decrecemento demográfico pola baixa fertilidade, envellecemento e emigración ás grandes cidades. Desde que empezou o censo en 1920 Soo perdeu un cuarto da súa poboación (43.379 en 1920 a 33310 en 2020).
Historia A área do Soo pertencía á provincia de Ōsumi. No período Edo dita área quedou controlada polo Dominio de Satsuma. Despois da Restauración Meiji, as aldeas de Sueyoshi, Takarabe, Iwakawa, Tsueyoshi e Tsukino foron creadas o 1 de abril de 1889. Na década de 1920 Takarabe, Sueyoshi e Iwakawa foron promovidas a status de vila. Iwakawa, Tsueyoshi e Tsukino uníronse para crear a vila de Ōsumi en 1955. A cidade de Soo foi fundada pola fusión das vilas de Sueyoshi, Takarabe e Ōsumi, todas pertencentes ao distrito de Soo, no ano 2005.
Goberno Soo ten unha forma de goberno de alcalde-consello cun alcalde elixido directamente e un consello municipal unicameral de 20 membros. Soo achega un membro á Asemblea Prefectural de Kagoshima. En termos de política nacional, a cidade forma parte do 4º distrito de Kagoshima da cámara baixa da Dieta do Xapón.
Economía Sueyoshi, o centro urbano de Soo, é nacionalmente coñecida pola produción do cítrico Yuzu, un híbrido entre unha mandarina e unha papeda. Ōsumi é coñecida polo seu repolo chinés e a sandía. Antes de pechar, o instituto de Takarabe serviu de escola agraria, reflectindo a importancia da industria agraria na zona.
Atraccións locais Soo ten diversas atraccións naturais e festas locais. Entre elas inclúense un festival Yabusame celebrado o 23 de novembro, un túnel natural de case 14m de lonxitude onde no Domingo máis achegado ao aniversario de Buda celébrase outro festival, un desfiladeiro con cabanas alquilables, entre outras cousas.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web oficial da cidade de Soo . Papeleta sobre Soo (en xaponés).
Categoría:Prefectura de Kagoshima Categoría:Concellos do Xapón